28 de dec. de 2012

Recursos de Nadal

Deixámosvos este enlace da CGENDL no que aparecen múltiples recursos para gozar do Nadal plenamente en galego. Dende postais, cancións, a historia do Apalpador ou os lugares onde podes facer os teus agasallos na nosa lingua. 

Recursos Nadal


26 de dec. de 2012

Glogster!

Unha divertida ferramenta coa que podes usar imaxes, audios, textos, vídeos ou enlaces para crear os teus propios murais multimedia. Glogster

20 de dec. de 2012

Tagul

Coa aplicación Tagul podes crear nubes, corazóns ou estrelas coas túas palabras favoritas.

 

Tagul

19 de dec. de 2012

Xadrez para todos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar estes manuais para iniciarse no mundo do xadrez ou para perfeccionar os coñecementos neste deporte. Os catro tomos, escritos orixinalmente en catalán,   reúnen material pedagóxico para o ensino do xadrez nos ámbitos educativo, deportivo e lúdico. Trátase dunha colección promovida por Balàgium Editors e os seus autores son Jordi Prió Burgués, Ramon Torra Bernat, Imma Farré Vilalta e José L. Vilela de Acuña.

Xadrez para todos. Iniciación 1
Xadrez para todos. Iniciación 2
Xadrez para todos. Intermedio 1
Xadrez para todos. Intermedio 2



17 de dec. de 2012

Ruta literaria: A esmorga

Se queres facer a ruta literaria da obra A esmorga, podes botarlle unha ollada a este mapa elaborado polos compañeiros do IES Blanco Amor de Ourense. Nel aparecen as principais paradas que fixeron os protagonistas da novela xunto con outros lugares que se citan no texto. Fai clic debaixo do mapa, en "Ver A esmorga", e poderás ver mellor os espazos e ler algunhas das pasaxes da obra.


Ver A esmorga en un mapa más grande

12 de dec. de 2012

Celso Emilio Ferreiro

Os nenos e nenas do CEIP Andrade de Pontedeume recitan "Deitado frente ao mar". Un fermoso vídeo con ilustracións de Leandro Lamas. A voz de Celso Emilio Ferreiro segue viva.


8 de dec. de 2012

Escribimos os nosos libros

 Con Picture Book Maker podemos crear unha pequena e orixinal historia. Elixe o teu protagonista, o decorado e imaxina o teu propio conto. Para compartilo cos amigos, publicámolo en Wallwisher. Se o queres ver, fai dobre clic na nota, logo source e a ler!