26 de feb. de 2013

Dicionario Xurídico Galego

A editorial Xerais pon en marcha o Dicionario Xurídico Galego en liña. Os empregados públicos da Xunta de Galicia e dos concellos galegos xa poden empregar esta valiosa ferramenta na que se fai unha primeira escolma de case 2.000 entradas nas que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do Dereito.


25 de feb. de 2013

V Xeiras sobre a Lingua Galega

Os Comités, en colaboración coa Universidade de Vigo, organizan as V Xeiras sobre a lingua galega, que terán lugar do 5 ao 8 de marzo en Vigo. A inscrición é de balde.

Estas Xeiras naceron coa intención de dar a coñecer a situación da nosa lingua en diferentes ámbitos (artes, cinema, literatura...) ademais de promover a súa normalización e uso como idioma oficial.

22 de feb. de 2013

O día de Rosalía

O próximo domingo día 24 de febreiro, celebraremos o 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta fin de semana tan ilustre, hai previstos diferentes actos por toda Galicia que se están a anunciar en diferentes redes sociais. E non esquezamos que a celebración será dobre porque máis adiante festexaremos os 150 anos da publicación de Cantares gallegos. Rosalía de Castro, a galega loitadora e defensora dos máis necesitados, nunca deixará  de estar de actualidade.


17 de feb. de 2013

Beowulf, novo proxecto de David Rubín

Hai unhas semanas comentabamos a tradución ao galego da obra Beowulf que fixo Jorge L. Bueno Alonso. Agora, temos a nova de que David Rubín e Santiago García levarán adiante a novela gráfica Beowulf, baseada no poema épico anglosaxón do mesmo nome. Deixamos aquí a que pode ser a futura portada desta obra. Impresionante!


14 de feb. de 2013

Ruta literaria por Ourense

Nesta entrada ofrecemos un mapa sobre o Ourense literario. Para facelo, baseámonos nos datos e a información que proporciona Fernando Román quen é un gran coñecedor da historia da nosa cidade, ademais de colaborador habitual no blog Ourense no tempo.



Ver Ourense literario en un mapa más grande

8 de feb. de 2013

6 de feb. de 2013

O Entroido

Presentación sobre o ciclo do entroido, o seu calendario e as principais máscaras da provincia de Ourense.

2 de feb. de 2013

Imos? A guía social máis xenuína de Galicia

O galego segue a ter o seu lugar no mundo das novas tecnoloxías. Este é o vídeo promocional de Imos, unha nova aplicación para iPhone e Android. Con ela podes atopar centos de furanchos ou lugares de tapas, máis de 900 praias e ti mesmo podes dar a coñecer os teus lugares favoritos de Galicia. Un paso máis para a nosa lingua. Sofware galego para Galicia que podes atopar en GalApps.