19 de nov. de 2017

5 de out. de 2017

Novo curso: Pelerinaxes I

Comezamos coas actividades deste novo curso. Hoxe fomos coa rapazada de 4º ESO ata o IES Vilamarín, para ver a presentación da película Pelerinaxes, de Simone Saibene. Alí, o director contounos a súa experiencia coa rodaxe desta película-documental e revelounos anécdotas e segredos dos días de gravación. Coa súa axuda, descubrimos esta emotiva "pelerinaxe" que fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey dende Ourense ata Santo André de Teixido, alá polo ano 1927. A viaxe deu lugar á obra que escribiu Otero Pedrayo (Pelerinaxes I) e que publicou en 1929 a editorial Nós.

Ademais, o alumnado do IES Vilamarín agasallounos cuns cócteles sen alcol e uns riquísimos aperitivos!!


Tráiler da película.

Máis información sobre a ruta en Camiño a San Andrés.


22 de maio de 2017

Premios concurso Carlos Casares

Móstramos con orgullo os traballos do noso alumnado, os gañadores do concurso Carlos Casares que organizou o ENDL do IES Lagoa de Antela, en Xinzo de Limia. Parabéns a Guillermo e a Miranda!


"A rapaza do circo", Vento ferido

13 de maio de 2017

Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares


O alumnado e o profesorado do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia) están a traballar arreo en diferentes actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Carlos Casares, ilustre limiao. Aquí deixamos algunhas das tarefas creadas por eles. 

O xogo da guerra


O XOGO DA GUERRA por anxo_xinzo                                                                                                    
Agarda longa ao sol

A tronada



21 de feb. de 2017

Infografías sobre a literatura medieval galego-portuguesa

Deixamos un enlace ao noso taboleiro de Pinterest para que poidades ver as infografías literarias tan bonitas que fixo o alumnado de 1º BAC do IES Lagoa de Antela, en Xinzo de Limia. Nete caso, son infografías sobre a literatura medieval galego-portuguesa. As que aparecen en Pinterest están feitas coa aplicación Piktochart, pero poderedes ver outras infografías interactivas en Genial.ly. Pouco a pouco, irémolas dando a coñecer. De momento, deixamos un pequeno exemplo... :-)

5 de feb. de 2017

Formulario sobre a literatura entre dous séculos

Formulario sobre a literatura entre dous séculos e outros autores do Rexurdimento (todas as preguntas e respostas destes formularios están baseadas na teoría que aparece no libro de texto Lingua galega e literatura 1º BAC da editorial Anaya).


Formularios sobre o Rexurdimento

Repaso sobre o Rexurdimento e as figuras de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez.


O Rexurdimento: Rosalía de Castro O Rexurdimento: Pondal e Curros

Formulario sobre os Séculos Escuros

Repaso sobre os Séculos Escuros.


Formularios sobre a literatura galega medieval

Formularios de repaso sobre a literatura galega medieval.

Literatura medieval I
Literatura medieval II Literatura medieval III