20 de nov. de 2018

25 de novembro

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Para tratalo na aula, podemos axudarnos da seguinte presentación (EDLG do IES Enrique Muruais) que nos fala das orixes deste día e da historia das irmás Mirabal.

No IES Julio Prieto Nespereira, o alumnado e o profesorado quixeron mostrar o seu compromiso coa loita contra a violencia de xénero. Poesías, haikus, bolboretas e debuxos tamén serven para denunciar a violencia contra a muller.











Relatos de medo

Xa temos as gañadoras do concurso Relatos de medo! O primeiro premio foi para Antía, alumna de 1º ESO A co seu relato titulado "Impo", mentres que o segundo premio foi para a historia "1938". Outra alumna de 1º ESO A, Estela, obtivo o terceiro premio co conto "Coidado coa túa curiosidade".



14 de nov. de 2018

As Sete Partidas de Afonso X

O Portal da Ciencia en Galego, GCiencia, tráenos esta semana unha nova relacionada coa historia da nosa lingua. A noticia dá conta de que atoparon no Arquivo Histórico da Nobreza de Toledo un texto das Sete partidas, a obra de Afonso X o Sabio, en galego-portugués. Deixamos a ligazón a este achado feito aquí.

Afonso X


8 de nov. de 2018

Novembro: mes do medo

Este mes de novembro celebramos o Samaín, pero tamén os Magostos, especialmente na nosa terra ourensá. Por ese motivo, na entrada do centro hai unha pequena exposición sobre as orixes destas datas tan sinaladas. Ademais, o alumnado está moi atarefado xa que está a decorar as cabazas de Samaín e a transformar as aulas en espazos que dan auténtico medo... Tamén están preparadas as historias de medo coas que poderán participar no Certame de relatos de medo. O próximo venres, 16 de novembro, saberemos quen son os gañadores ou gañadoras!







Explícoche Matemáticas 2.0

Este é o ví­deo gañador do concurso Explícoche Matemáticas 2.0 da USC na categorí­a de 2º ciclo da ESO, Bacharelato e Formación Profesional.  O premio foi para o ví­deo Como calcular o tamaño da Terra, de Aarón Vilariñoo Folgueiras, alumno de 4º da ESO do IES Lamas de Abade.


5 de nov. de 2018

Guía dos elementos químicos

O grupo de innovación docente CienciaNOSA da Universidade de Santiago de Compostela (USC) publicou a nova versión en galego da Táboa periódica dos elementos, que recolle os novos elementos incorporados pola Internacional Union of Pure and Applied Chemistry (IUPAC).

Deixamos o enlace a esta nova publicación aquí



Para máis información, podes consultar a páxina do xornal da USC.