O día 30 de outubro de 1920 publicouse o primeiro número da Revista Nós. A cidade de Ourense quixo lembrar esta data cun Convivio Cívico que tivo lugar na rúa da Paz. Nesta literaria rúa, viviron Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xaquín Lorenzo "Xocas" e tamén naceu nela Eduardo Blanco Amor, segundo contou Arturo Vispo.
A Fundación pro Centenario Nós 2010 pretende levar a cabo a rehabilitación da casa na que naceron Otero Pedrayo e Vicente Risco, o número 21 da rúa da Paz, antiga rúa dos Zapateiros. A vivienda do patriarca das letras galegas foi adquirida polo profesor Camilo F. Valdehorras, quen xunto co colectivo anterior está a preparar a celebración do centenario do primeiro número da Revista Nós.
Na tarde do día 29 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar a Coral de Ruada, que actuou nesa mesma rúa. Despois, fixemos un pequeno percorrido no que Arturo Vispo deu a coñecer parte da historia desta pequena parte da cidade de Ourense.
Ata o 17 de novembro, a casa poderá ser visitada en horario de mañá, de 12:00 a 14:00 h e polas tardes mediante unha visita concertada.
30 de out. de 2013
26 de out. de 2013
Samaín 2013
Xa está aquí o noso querido Samaín. Desta vez, deixamos un pequeno xogo interactivo que creamos con Blubbr para facer un pequeno repaso pola historia desta festividade tan especial.
8 de out. de 2013
Enquisa sobre a percepción e o uso do galego en internet
Esta é unha enquisa que está a desenvolver Luz Varela Armas no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. A súa finalidade é a de obter datos sobre a percepción e o uso da nosa lingua en internet no ámbito educativo. Con ela, pretende recadar datos para realizar un estudo sobre a situación do idioma galego na rede, dentro do que é a súa tese "As TIC e a normalización lingüística na sociedade
galega actual. Unha aproximación á súa realidade educativa"
Para facer a enquisa, non é necesario identificarse nin engadir datos persoais, aínda que, se queredes, podedes escribir o voso enderezo electrónico ao final para recibir os resultados.
Para facer a enquisa, non é necesario identificarse nin engadir datos persoais, aínda que, se queredes, podedes escribir o voso enderezo electrónico ao final para recibir os resultados.
Enquisa sobre a percepción e o uso do galego en internet
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)