23 de dec. de 2018

Bo Nadal!

E chegamos ao final do ano e do primeiro trimestre! O último día, puidemos desfrutar das actuacións do alumnado do centro, ademais de entregar os premios aos gañadores/as dos concursos de nacementos e de postais de Nadal. Parabéns e boas festas!

 1º Premio: Hugo 
 2º Premio: Lucía
3º Premio: Estela
Postais de Nadal

12 de dec. de 2018

Chega o Nadal

Para este mes de decembro, estamos a preparar un concurso de postais de Nadal coa axuda do Departamento de Educación Plástica e Visual e do Departamento de Relixión. Poderá participar todo o alumnado do IES Julio Prieto Nespereira e a tarxeta que resulte gañadora será a imaxe oficial do Instituto para confeccionar a felicitación destas festas.



E para os máis pequenos, a Mesa pola Normalización Lingüística achéganos material para coñecer mellor a figura do Apalpador. Aquí deixamos uns enlaces nos que poderedes descargar a unidade didáctica e o formato de carta para enviarlla ao Apalpador. 

2 de dec. de 2018

Como chegou a vacina da varíola a América?

No portal da Consellería de Educación, preséntase unha unidade didáctica cunha guía que propón unha serie de recursos innovadores aplicables para os cursos de 3º e 4º de ESO nas materias de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia. O fío condutor é a chegada da vacina da varíola a América. Aquí deixamos as ligazóns: 

-Curso (entrar como convidado).

Os nenos da varíola (María Solar)