9 de feb. de 2024

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia: 11 de febreiro

O venres 16 de febreiro o campus de Ourense acollerá unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en FemininoA iniciativa une un amplo colectivo de persoal investigador da Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermaría co obxectivo de visibilizar o papel da muller no eido CTEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e atraer vocacións científicas a el, principalmente entre as nenas e rapazas. 

A actividade organízase co gallo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e “o seu obxectivo principal é difundir e promover as vocacións científicas e tecnolóxicas no ámbito das ciencias, as tecnoloxías, as enxeñarías e as matemáticas” e “difundir entre nenas e nenos o papel que teñen as mulleres nestas disciplinas, que vexan que as mulleres fan e poden facer ciencia e tecnoloxía”.

A feira desenvolverase de 10.00 a 18.00 h no edificio Politécnico do campus e na súa contorna. Haberá 14 postos con actividades científicas de carácter visual e manipulativo nas que se expón a investigación realizada nas diferentes áreas CTEM do campus. Xa pola tarde, a partir das 15.00 h, a feira estará aberta ao público en xeral que se queira achegar ao campus.

Fonte: Diario da Universidade de Vigo



Tempo de Entroido

Neste tempo de Entroido, queremos lembrar un estupendo traballo que fixeron os nosos alumnos de 1º ESO B, alá polo curso 2015-2016. Esperamos que vos axude a recoñecer mellor todas as máscaras desta festa que tanto nos gusta! Podédelas ver todas na seguinte ligazón:

As máscaras do Entroido ourensán


Fonte: Abi Castillo

Calendario Científico Escolar 2024

Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña colaboran co Consello Superior de Investigacións Científicas na elaboración en galego do Calendario Científico Escolar 2023.

Ligazón ao calendario


Fonte: Calendario Científico Escolar






Concursos

 Deixamos por aquí as ligazóns aos diferentes concursos nos que podedes participar.

-VII CERTAME DE MICRORRELATOS CONVOCADO POR PUNTOGAL E AREAL ACADEMIA GALEGA 

-Premio Anual Otero Pedrayo para estudantes da ESO e Bacharelato

-II PREMIO DE ORATORIA EN FORMATO PODCAST ‘RAMÓN OTERO PEDRAYO’

-Editorial Galaxia convoca o Reto Lector 2024