19 de out. de 2023

A bruxa regañadentes...

 Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida...

Esta é a historia de terror e medo que viven os protagonistas de A bruxa regañadentes. Ideal para compartir agora que chega o Samaín e as vésperas de Defuntos...




Samaín!

 Retomamos as publicacións no noso blog para dar a coñecer as actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega que se realizan no IES As Lagoas de Ourense. Comezamos esta nova andaina coa convocatoria dun concurso de microrrelatos de terror. Aquí deixamos as bases.