1º ESO

IES PAZO DA MERCÉ - LINGUA GALEGA E LITERATURA
1º ESO A / B
Tarefas para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE! 

O alumnado que queira unirse ao ESPAZO ABALAR que chame ao instituto para facilitar ou actualizar o seu número de teléfono. Grazas!

PAUTAS EDUCATIVAS PARA O PERÍODO DE CONFINAMENTO

Ligazón ás actividades (por se alguén non ten o libro de texto): AQUÍ
LEMBRA UTILIZAR O DICIONARIO PARA FACER AS ACTIVIDADES!!

GRAMÁTICA (Os pronomes 1): 
     -Páxina 122 - exercicios 1, 2, 3, 4 e 5.
     -Páxina 123 - exercicios 6, 7, 8 e 9.

ORTOGRAFÍA (Palabras con es- e con ex-):
     -Páxina 124 - exercicios 1, 2, 3 e 4.
     -Páxina 125 - exercicios 5, 6, 7 e 8.

LITERATURA (O xénero lírico 1):
     -Páxina 126 - exercicios 1 e 2.
     -Páxina 127 - exercicios 5, 6 e 7.

APLICA O QUE SABES:
     -Páxina 130 - exercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7.

-As actividades propostas pretenden continuar co horario habitual (4 sesións á semana de 50 minutos cada unha delas).
-Podedes completar estas tarefas cos exercicios relacionados que hai na páxina.
-Nestes días, por favor, sede solidarios e compartide a información cos compañeiros/as. 
.................................................................................................................................................

Made with Padlet


COMEZAMOS A SEMANA💪 (16 - 20 de marzo)

Para facer as actividades que veñen a continuación, NON precisas copiar nada no caderno, nin imprimir, nin descargar... As actividades son para facer no ordenador directamente, só tes que poñer o teu nome e apelidos, correo electrónico (quen o teña) e darlle a "seguinte". Unha vez que finalices a activiDade, dálle a "enviar" e listo!

Luns, 16 de marzo 👍
          Preme na seguinte ligazón e accede á actividade 👉 Lectura: "A arrasadeira"

Martes, 17 de marzo 💚 San Patricio! 
          Preme na seguinte ligazón e accede á actividade 👉 Vídeo: Nacións celtas

Mércores, 18 de marzo 👀
          Preme na seguinte ligazón e accede á actividade 👉  Xogo: Que palabra é?
                                                                                                  👉   Xogo: Que teñen en común?
                                                                                                  👉   Xogo: Que parte do corpo é?
Xoves, 19 de marzo 💟 Día do pai!
          Non vos esquezades de felicitar os vosos pais (que xa vos coñezo...).  Aínda que, se temos en conta as circunstancias nas que estamos, deberiamos felicitar tamén a nais, irmáns, irmás, amigos/as... 🙋
                
Venres, 20 de marzo 🌻 Primavera!
          Seguro que hai alguén que bota en falta as xuntanzas  do Club de lectura ou a Biblioteca... Déixovos por aquí algunhas ligazóns que vos permitirán acceder a lecturas gratuítas na rede. O que queira e teña tempo, que aproveite estes días para ler un pouquiño!
        1.-GaliciaLe: plataforma de préstamo de libros das bibliotecas públicas galegas. Para poder acceder é necesario:                      
  • Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. .
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.
     4.-A mansión dos Pampín.
..................................................................................................................................................
COMEZAMOS A SEMANA💪 (23 - 27 de marzo)

Para facer as actividades que veñen a continuación, NON precisas copiar nada no caderno, nin imprimir, nin descargar... As actividades son para facer no ordenador directamente, só tes que poñer o teu nome e apelidos, correo electrónico (quen o teña) e darlle a "seguinte". Unha vez que finalices a actividade, dálle a "enviar" e listo!

Luns, 23 de marzo 💪 
     Preme na seguinte ligazón e accede á actividade 👉 Lectura: "A rapaza do circo".

Martes, 24 de marzo 🌺 Poesía
     Preme na seguinte ligazón e accede á actividade 👉 A poesía e o xénero lírico.

Mércores 25 e xoves 26 👌 Correccións e repaso
     Como xa me estades enviando as tarefas que fixestes neste tempo, imos deixar estes dous días para que revisedes ben as aclaracións que vos mando e corrixades todo nos vosos cadernos. Lembrade que as correccións hai que facelas sempre nunha cor diferente á dos exercicios. Se alguén aínda non as terminou, que non se preocupe. O importante é facelas ben.
     Para calquera dúbida que teñades, podedes enviarme un correo ou preguntar por Abalar Móbil. Os que non teñades correo, podedes deixar unha mensaxe no taboleiro virtual. Ánimo a todos/as! 

Venres, 27 de marzo 🎉 Que lembramos de...?
     Preme na seguinte ligazón e accede á actividade 👉 Xogo: Que lembramos de...?
    ................................................................................................................................................
COMEZAMOS A SEMANA 💪 (30 de marzo - 3 de abril)

Tarefas do libro de texto para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 30 de marzo de 2020

Ligazón ás actividades (por se alguén non ten o libro de texto): AQUÍ


FEITO Á MAN EN GALICIA (TEMA 8)
     -Páxina 132: lectura e os dous exercicios dos puntos azuis desa mesma páxina.
     -Páxina 134 - 135: lectura "Bágoa de lúa"
     -Páxina 136 - exercicios 3, 4, 5, 6, 7 e 9.
     -Páxina 139 - exercicios 4, 5 e 9.
     -Páxina 143 - exercicios 3 e 5.


Luns, 30 de marzo
     -Preme na ligazón e proba un novo reto! Escribe o teu nome e participa no xogo. Quen obterá a máxima puntuación? 👉 Quen é quen? Adiviña os nomes deste oficiosNo final desta páxina, no apartado "Feito a man", poderás ver vídeos sobre a artesanía que se fai en Galicia.

     -Preme na ligazón e fai a ficha. Cando a termines, poderás enviarma directamente ao meu correo electrónico de Gmail 👉 Ficha de ortografía.

Martes, 31 de marzo 🏆 Novo reto!
       -Preme na ligazón e proba un novo reto! Pon o teu nome e participa 👉 Novo reto!

Mércores 1 e xoves 2 de abril 👀 Lectura
       -Preme na ligazón e fai a ficha. Ao finalizar, pon o teu nome e apelidos, curso (1º), materia (galego) e envíama ao meu correo de Gmail 👉 Lectura: Carteleira de cine.

Venres, 3 de abril 🔍 Investigación
          -Que oficios tradicionais había na túa vila? Investiga e pregunta. Cando teñas a información, escríbea neste documento común 👉 Documento para escribir.
 .................................................................................................................................................
COMEZAMOS A TERCEIRA AVALIACIÓN 💚 (14 - 17 de abril)
TAREFAS DO LIBRO DE TEXTO (prazo de entrega: ata o 20 de abril)
Páxina 78: -Lectura "Música de sempre" 
Páxina 78: -Exercicios do apartado "Escoita ou le e contesta" (os catro puntos azuis).
Para completar estas actividades podes utilizar o Dicionario da RAG e ver o documental "Terras de Merlín".
Luns, 14 de abril 💭 Ortografía: palabras con H e palabras sen H (prazo de entrega: ata o 20 de abril)
      -Preme na seguinte ligazón. Tes que esmagar as toupas coas palabras escritas correctamente. Ao completar os cinco niveis, poderás ver todas as palabras correctas. Ademais, poderás escribir o teu nome na táboa clasificatoria.  👉 Esmaga a toupa!
        -Preme na seguinte ligazón. Completa a ficha coas palabras correctas do xogo anterior. Lembra que, para entregala, ao final debes poñer o teu nome e apelidos, curso, materia e o meu correo de Gmail. 👉 Ficha de ortografía.

Martes, 15 de abril 🌞Ortografía: palabras con B e palabras con V(prazo de entrega: ata o 21 de abril)

          -Preme na seguinte ligazón. Sinala cales son as formas correctas e as incorrectas. Despois, comproba as solucións e escribe o teu nome na táboa clasificatoria. 👉Correcto!
            -Preme na seguinte ligazón e fai a ficha. Despois, envíama. 👉 Ortografía.

Mércores 16 e xoves 17 de abril👀 Comprensión lectora: Museo do Pobo Galego

             -Preme na seguinte ligazón e fai a ficha. Despois, envíama. 👉 Lectura.

Venres 18 de abril 🎼 Música tradicional galega.

            -Preme na seguinte ligazón e aprende máis sobre a nosa cultura 👉 Música

             -Preme na seguinte ligazón e fai a ficha. Despois, envíama 👉 Música
..................................................................................................................................................
COMEZAMOS A SEMANA 🌹 (20 -24 de abril)
TAREFAS DO LIBRO DE TEXTO (prazo de entrega: ata o 27 de abril)

Nos próximos días, traballaremos coa poesía xa que a nosa intención é a de crear entre todos/as unhas coplas para celebrar a tradicional festa dos Maios.

Le a teoría das páxinas 144 e 145 sobre o xénero lírico (a rima e as figuras literarias).
-Páxina 144 - exercicios 1, 2 e 3
-Páxina 145 - exercicios 4 e 7


Ao longo destas semanas, imos aprender máis sobre a festividade dos Maios e as coplas tradicionais. Para iso, comeza con esta actividade interactiva. Mira o vídeo con atención e contesta a preguntas que veñen a continuación. 👉 Cantádeme un maio!


ACTIVIDADES
1.-1.-Observa con atención o seguinte vídeo. Despois copia as preguntas no teu caderno e respóndeas.



a)Quen son os principais protagonistas dos maios?
b)Que se lles pide aos veciños nas cantigas dos maios humanos?
c)De que adoitan ser os maios de Ourense?
d)Cales son as mellores coleccións de coplas?
2.-Entra nesta PÁXINA e copia o que se di sobre as cantigas.
.......................................................................................................................................................................
COMEZAMOS A SEMANA 🌺27 - 30 de abril
TAREFAS DO LIBRO DE TEXTO (Prazo de entrega: ata o 1 de maio)
Unidade 10
Páxina 168 - Lectura do texto "Lingua e tradición"
Páxina 168 - Exercicios dos tres puntos azuis (no terceiro punto, só hai que buscar as palabras no dicionario, nada máis)
Páxina 182 - Lectura das coplas
Páxina 183 - Exercicio 4: Elaboración de cantigas dos maios para entregar (último día: 1 de maio)
As cantigas ou coplas poderán tratar sobre temas de actualidade (confinamento, corentena, deberes, recortes...).Lembrade  que as coplas teñen estrofas de catro versos de seis/oito sílabas cada un, con rima nos versos pares.)
Xa chegou o maio
florido e fermoso
o maio de Ourense
este maio noso.

Este maio noso
que ben lle cantamos
música das coplas
para acompañalo.
Lembrade que se pode facer a crítica con ironía e retranca, pero sempre dende o respecto e a educación.




VOCABULARIO
  -O corpo humano 1.
  -O corpo humano 2.
  -O corpo humano 3 - descrición.
  -O corpo humano 4.
  -O corpo humano - Lim 5.
  -O corpo humanno - curiosidades 6.
  -Dicionario de alimentación e restauración.
  -Receitas em versos.
  -Sinazúcar.org.
  -Xente con vida.
  -Dieta atlántica galega.
  -Calendario saudable.
  -Campo semántico dos animais.
  -O monte galego.
  -Ridimoas.
  -Meteogalicia.
  -Tempo-CRTVG.

GRAMÁTICA

   -Os determinantes.
   -Os determinantes.
   -Numerais e indefinidos.
   -Os pronomes (1)
   -O verbo.
   -O verbo.  
   -LIM ACTIVIDADES.




 
ORTOGRAFÍA
     -Palabras con es- e con ex-.
     -ORTOGRAFÍA

OBRADOIRO
    -O texto expositivo.

FEITO Á MAN EN GALICIA
    -Eferro.
    -Ferreiros.
    -Cesteiros.
    -Tecedeiras.
    -Xoiaría.

LECTURA
    -Seres mitolóxicos galegos.
    -Mitoloxía galega.




MONUMENTO NATURAL
   -Miniatlas Xeobotánico de Galicia.
   -A vida nos ríos galegos.


  


 
  -Galicia salvaxe.

 
     -O río Currás.



LINGUA E TRADICIÓN
     -Os maios.



DE FEIRA NO MAR
    -Conxemar.