E aquí están os dous relatos gañadores do concurso deste ano. Parabéns ao alumnado de 1º ESO polo seu excelente traballo!
19 de nov. de 2017
5 de out. de 2017
Novo curso: Pelerinaxes I
Comezamos coas actividades deste novo curso. Hoxe fomos coa rapazada de 4º ESO ata o IES Vilamarín, para ver a presentación da película Pelerinaxes, de Simone Saibene. Alí, o director contounos a súa experiencia coa rodaxe desta película-documental e revelounos anécdotas e segredos dos días de gravación. Coa súa axuda, descubrimos esta emotiva "pelerinaxe" que fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey dende Ourense ata Santo André de Teixido, alá polo ano 1927. A viaxe deu lugar á obra que escribiu Otero Pedrayo (Pelerinaxes I) e que publicou en 1929 a editorial Nós.
Ademais, o alumnado do IES Vilamarín agasallounos cuns cócteles sen alcol e uns riquísimos aperitivos!!
Ademais, o alumnado do IES Vilamarín agasallounos cuns cócteles sen alcol e uns riquísimos aperitivos!!
Etiquetas:
Ben-Cho-Shey,
CPI Antonio Faílde,
Literatura,
Literatura de viaxes,
Literatura Galega,
Pelerinaxes I,
Ramón Otero Pedrayo,
Vicente Risco,
Xeración Nós
6 de xuño de 2017
GoConqr: mapas mentais para sociolingüística
Traballos feitos polo alumnado de 1º BAC do IES Lagoa de Antela coa aplicación GoConqr.
Mapa Mental creado con GoConqr por Raúl Parejas Mapa Mental creado con GoConqr por Angela Tejada Seoane
Mapa Mental creado con GoConqr por Raúl Parejas Mapa Mental creado con GoConqr por Angela Tejada Seoane
22 de maio de 2017
Premios concurso Carlos Casares
Móstramos con orgullo os traballos do noso alumnado, os gañadores do concurso Carlos Casares que organizou o ENDL do IES Lagoa de Antela, en Xinzo de Limia. Parabéns a Guillermo e a Miranda!
"A rapaza do circo", Vento ferido
13 de maio de 2017
Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares
O alumnado e o profesorado do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia) están a traballar arreo en diferentes actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Carlos Casares, ilustre limiao. Aquí deixamos algunhas das tarefas creadas por eles.
O xogo da guerra
O XOGO DA GUERRA por anxo_xinzo
Agarda longa ao sol
A tronada
9 de mar. de 2017
28 de feb. de 2017
23 de feb. de 2017
Infografías sobre o Rexurdimento
Taboleiro de Pinterest coas infografías literarias sobre o Rexurdimento. Traballo do alumnado de 1º BAC do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia).
Infografías sobre os Séculos Escuros
Taboleiro de Pinterest con infografías sobre os Séculos Escuros. Traballos realizados polo alumnado de 1º BAC do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia).
21 de feb. de 2017
Infografías sobre a literatura medieval galego-portuguesa
Deixamos un enlace ao noso taboleiro de Pinterest para que poidades ver as infografías literarias tan bonitas que fixo o alumnado de 1º BAC do IES Lagoa de Antela, en Xinzo de Limia. Nete caso, son infografías sobre a literatura medieval galego-portuguesa. As que aparecen en Pinterest están feitas coa aplicación Piktochart, pero poderedes ver outras infografías interactivas en Genial.ly. Pouco a pouco, irémolas dando a coñecer. De momento, deixamos un pequeno exemplo... :-)
5 de feb. de 2017
Formulario sobre a literatura entre dous séculos
Formulario sobre a literatura entre dous séculos e outros autores do Rexurdimento (todas as preguntas e respostas destes formularios están baseadas na teoría que aparece no libro de texto Lingua galega e literatura 1º BAC da editorial Anaya).
Formularios sobre o Rexurdimento
Repaso sobre o Rexurdimento e as figuras de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez.
O Rexurdimento: Rosalía de Castro O Rexurdimento: Pondal e Curros
O Rexurdimento: Rosalía de Castro O Rexurdimento: Pondal e Curros
Formularios sobre a literatura galega medieval
Formularios de repaso sobre a literatura galega medieval.
Literatura medieval I
Literatura medieval II Literatura medieval III
Literatura medieval I
Literatura medieval II Literatura medieval III
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)