Na información que facilita a USC, aparece a previsión de vacantes por xubilación no profesorado de LLG de secundaria dende o ano 2015 ata o 2030. Este é un dato que resulta moi interesante para os futuros estudantes do Grao e para todos aqueles profesores que se atopan nas listas de substitucións. Ademais, tamén destacan que o índice de inserción laboral das persoas que estudan galego é superior á media doutras Filoloxías. Outra vantaxe que ofrece é a posibilidade de traballar en lectorados en universidade de Europa e América.
Aínda que ultimamente pareza que as Humanidades perderon a súa importancia, seguimos a precisar persoas comprometidas coa lingua e a literatura. O galego non pecha portas, senón todo o contrario: serve para abrilas. O noso idioma é unha opción con futuro.
Datos da USC
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.