Estes son algúns dos traballos que fixeron os alumnos de 3º ESO do noso IES. Moitas grazas!
Linguas próximas
Material para dúas linguas irmás
20 de mar. de 2024
Día de Rosalía
Xa podedes visitar a exposición de fotopoemas sobre Rosalía de Castro que está na entrada do noso IES As Lagoas.
Concursos
Deixamos aquí a relación de convocatorias de concursos por se vos queredes presentar a algún deles.
-VII Certame de Microrrelatos convocado por PuntoGal e a Real Academia Galega
-Premio anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato
-II Premio de Oratoria en formato podcast Ramón Otero Pedrayo
-I Premio Breviter de microrrelatos
9 de feb. de 2024
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia: 11 de febreiro
O venres 16 de febreiro o campus de Ourense acollerá unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en Feminino. A iniciativa une un amplo colectivo de persoal investigador da Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermaría co obxectivo de visibilizar o papel da muller no eido CTEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e atraer vocacións científicas a el, principalmente entre as nenas e rapazas.
A actividade organízase co gallo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e “o seu obxectivo principal é difundir e promover as vocacións científicas e tecnolóxicas no ámbito das ciencias, as tecnoloxías, as enxeñarías e as matemáticas” e “difundir entre nenas e nenos o papel que teñen as mulleres nestas disciplinas, que vexan que as mulleres fan e poden facer ciencia e tecnoloxía”.
A feira desenvolverase de 10.00 a 18.00 h no edificio Politécnico do campus e na súa contorna. Haberá 14 postos con actividades científicas de carácter visual e manipulativo nas que se expón a investigación realizada nas diferentes áreas CTEM do campus. Xa pola tarde, a partir das 15.00 h, a feira estará aberta ao público en xeral que se queira achegar ao campus.
Fonte: Diario da Universidade de Vigo
Tempo de Entroido
Neste tempo de Entroido, queremos lembrar un estupendo traballo que fixeron os nosos alumnos de 1º ESO B, alá polo curso 2015-2016. Esperamos que vos axude a recoñecer mellor todas as máscaras desta festa que tanto nos gusta! Podédelas ver todas na seguinte ligazón:
As máscaras do Entroido ourensán
Fonte: Abi Castillo
Calendario Científico Escolar 2024
A Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña colaboran co Consello Superior de Investigacións Científicas na elaboración en galego do Calendario Científico Escolar 2023.
Fonte: Calendario Científico Escolar