Amosando publicacións coa etiqueta Normalización lingüística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Normalización lingüística. Amosar todas as publicacións

19 de mar. de 2013

Gústame... o galego!

Hoxe deixamos un par de vídeos da iniciativa Gústame o galego que desenvolve a  Coordinadora de traballadores/as de normalización da lingua dende hai xa uns meses. Cativ@s, moz@, pais, nais e moitos máis din que lles gusta o galego. A uns gústalles o galego na escola, a outros no centro saúde...e a nós gústanos que a cidade de Ourense tamén participe desta actividade. O caso é ter o galego á nosa beira.

5 de mar. de 2013

Intencións...

Os compañeiros de ProLingua publican esta fotografía na que aparecen dous titulares diferentes sobre un mesmo tema. A realidade é a mesma (tod@s os que estamos nisto sabemos cal é), pero aínda hai quen non a quere ver nin aceptar. Mesmo chegan a culpabilizar a quen está nunha situación de inferioridade. As intencións duns e doutros son ben distintas. Que cada quen faga a súa propia reflexión porque diso é do que se trata, de pensar un pouquiño...

2 de mar. de 2013

Un idioma entra na casa

 Paula Kasares pretende resolver algunhas dúbidas sobre o proceso de aprendizaxe do euskera, lingua que moitos pais e nais non dominan. Pero o feito de descoñecer a lingua, non significa que non poidan axudar a aprendela aos seus propios fillos. Moitas das reflexións que aparecen neste vídeo, podémolas comparar coa situación que vivimos en Galicia. O galego e o euskera tamén son linguas próximas nalgúns aspectos.




26 de feb. de 2013

Dicionario Xurídico Galego

A editorial Xerais pon en marcha o Dicionario Xurídico Galego en liña. Os empregados públicos da Xunta de Galicia e dos concellos galegos xa poden empregar esta valiosa ferramenta na que se fai unha primeira escolma de case 2.000 entradas nas que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do Dereito.


25 de feb. de 2013

V Xeiras sobre a Lingua Galega

Os Comités, en colaboración coa Universidade de Vigo, organizan as V Xeiras sobre a lingua galega, que terán lugar do 5 ao 8 de marzo en Vigo. A inscrición é de balde.

Estas Xeiras naceron coa intención de dar a coñecer a situación da nosa lingua en diferentes ámbitos (artes, cinema, literatura...) ademais de promover a súa normalización e uso como idioma oficial.

31 de xan. de 2013

O galego en "crisi"?

Interesantes reflexións as que nos deixa o filólogo e académigo da RAG, Xosé Luís Regueira, sobre a situación actual do galego no mundo da política.

"Hemos feito" que o galego estea en "crisi"?


14 de xan. de 2013

Gústanos falar galego

O galego está de moda. Todo o mundo quere falar a nosa lingua. Aquí tedes a estudantes de galego en Carballo que nos explican as súas razóns para aprendelo.