No IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, temos tres alumnas en 1º BAC (Carlota, Coral e Laura) que non deixan de sorprendernos coa súa faceta máis artística. Nesta avaliación, a proposta era a de facer un traballo creativo a partir dos textos do poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, e velaquí deixamos o resultado do seu esforzo.
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua e Literatura Galegas b>. Amosar todas as publicacións

7 de mar. de 2015
16 de set. de 2013
Grao en Lingua e Literatura Galegas
A Universidade de Santiago de Compostela presenta o Grao en Lingua e Literatura Galegas con dous titulares mois claros e concisos: "Unha opción comprometida con Galicia" e "Unha aposta comprometida co teu futuro". Isto é o que podemos ler nun pequeno texto que publica a USC para dar a coñecer as posibilidades de inserción laboral que teñen as persoas que estudan este Grao. Aínda que a principal saída laboral para unha persoa que estuda filoloxía parece que é o ensino, tamén existen outras opcións, especialmente, no mundo da comunciación, na industria editorial, na tradución...
Na información que facilita a USC, aparece a previsión de vacantes por xubilación no profesorado de LLG de secundaria dende o ano 2015 ata o 2030. Este é un dato que resulta moi interesante para os futuros estudantes do Grao e para todos aqueles profesores que se atopan nas listas de substitucións. Ademais, tamén destacan que o índice de inserción laboral das persoas que estudan galego é superior á media doutras Filoloxías. Outra vantaxe que ofrece é a posibilidade de traballar en lectorados en universidade de Europa e América.
Aínda que ultimamente pareza que as Humanidades perderon a súa importancia, seguimos a precisar persoas comprometidas coa lingua e a literatura. O galego non pecha portas, senón todo o contrario: serve para abrilas. O noso idioma é unha opción con futuro.
Datos da USC

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)