Amosando publicacións coa etiqueta Concurso Postais de Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso Postais de Nadal. Amosar todas as publicacións

20 de dec. de 2025

Postal de Nadal gañadora

 A postal gañadora do Concurso de Postais de Nadal do Equipo de Dinamización da Lingua Galega foi para María Dibuja Conde, de 1º ESO B. Parabéns á gañadora.

 

E Bo Nadal a toda a comunidade educativa do IES As Lagoas.



Postais de Nadal

 Pero que postais de Nadal tan bonitas temos na entrada do IES As Lagoas!






Concurso Postais de Nadal

 A rapazada do noso instituto está chea de amor e boas intencións... Seguro que presentará ao concurso unhas postais de Nadal precioooooosas!!!



23 de dec. de 2018

Bo Nadal!

E chegamos ao final do ano e do primeiro trimestre! O último día, puidemos desfrutar das actuacións do alumnado do centro, ademais de entregar os premios aos gañadores/as dos concursos de nacementos e de postais de Nadal. Parabéns e boas festas!

 1º Premio: Hugo 
 2º Premio: Lucía
3º Premio: Estela
Postais de Nadal

12 de dec. de 2018

Chega o Nadal

Para este mes de decembro, estamos a preparar un concurso de postais de Nadal coa axuda do Departamento de Educación Plástica e Visual e do Departamento de Relixión. Poderá participar todo o alumnado do IES Julio Prieto Nespereira e a tarxeta que resulte gañadora será a imaxe oficial do Instituto para confeccionar a felicitación destas festas.



E para os máis pequenos, a Mesa pola Normalización Lingüística achéganos material para coñecer mellor a figura do Apalpador. Aquí deixamos uns enlaces nos que poderedes descargar a unidade didáctica e o formato de carta para enviarlla ao Apalpador.