Amosando publicacións coa etiqueta Magostos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Magostos. Amosar todas as publicacións

20 de nov. de 2018

Relatos de medo

Xa temos as gañadoras do concurso Relatos de medo! O primeiro premio foi para Antía, alumna de 1º ESO A co seu relato titulado "Impo", mentres que o segundo premio foi para a historia "1938". Outra alumna de 1º ESO A, Estela, obtivo o terceiro premio co conto "Coidado coa túa curiosidade".



8 de nov. de 2018

Novembro: mes do medo

Este mes de novembro celebramos o Samaín, pero tamén os Magostos, especialmente na nosa terra ourensá. Por ese motivo, na entrada do centro hai unha pequena exposición sobre as orixes destas datas tan sinaladas. Ademais, o alumnado está moi atarefado xa que está a decorar as cabazas de Samaín e a transformar as aulas en espazos que dan auténtico medo... Tamén están preparadas as historias de medo coas que poderán participar no Certame de relatos de medo. O próximo venres, 16 de novembro, saberemos quen son os gañadores ou gañadoras!







28 de out. de 2018

Top 10: Samaín e Magosto

Xa falta pouco para o Samaín e os Magostos! Aquí temos o Top 10 das cancións para cantar e bailar nestas festas!