Xa temos as gañadoras do concurso Relatos de medo! O primeiro premio foi para Antía, alumna de 1º ESO A co seu relato titulado "Impo", mentres que o segundo premio foi para a historia "1938". Outra alumna de 1º ESO A, Estela, obtivo o terceiro premio co conto "Coidado coa túa curiosidade".
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura b>. Amosar todas as publicacións
20 de nov. de 2018
20 de feb. de 2018
Día de Rosalía
Cada 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía de Castro. Este ano, decidimos crear uns fotopoemas co alumnado de 3º e 4º ESO (que están demostrando ser uns artistiñas). Aquí vai unha mostra das súas creacións. E, lembrade, este 24 de febreiro #AbrideAFiestra e compartide os vosos traballos.
19 de nov. de 2017
Contos de medo para o Samaín 2017
E aquí están os dous relatos gañadores do concurso deste ano. Parabéns ao alumnado de 1º ESO polo seu excelente traballo!
5 de out. de 2017
Novo curso: Pelerinaxes I
Comezamos coas actividades deste novo curso. Hoxe fomos coa rapazada de 4º ESO ata o IES Vilamarín, para ver a presentación da película Pelerinaxes, de Simone Saibene. Alí, o director contounos a súa experiencia coa rodaxe desta película-documental e revelounos anécdotas e segredos dos días de gravación. Coa súa axuda, descubrimos esta emotiva "pelerinaxe" que fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey dende Ourense ata Santo André de Teixido, alá polo ano 1927. A viaxe deu lugar á obra que escribiu Otero Pedrayo (Pelerinaxes I) e que publicou en 1929 a editorial Nós.
Ademais, o alumnado do IES Vilamarín agasallounos cuns cócteles sen alcol e uns riquísimos aperitivos!!
Ademais, o alumnado do IES Vilamarín agasallounos cuns cócteles sen alcol e uns riquísimos aperitivos!!
Etiquetas:
Ben-Cho-Shey,
CPI Antonio Faílde,
Literatura,
Literatura de viaxes,
Literatura Galega,
Pelerinaxes I,
Ramón Otero Pedrayo,
Vicente Risco,
Xeración Nós
7 de mar. de 2015
Poema de Berta Dávila con música
No IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, temos tres alumnas en 1º BAC (Carlota, Coral e Laura) que non deixan de sorprendernos coa súa faceta máis artística. Nesta avaliación, a proposta era a de facer un traballo creativo a partir dos textos do poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, e velaquí deixamos o resultado do seu esforzo.
13 de xan. de 2015
Versos dixitais
Impresionante o traballo de Noelia Gómez Calvo con estes Versos Dixitais. Sen dúbida, un gran recurso para a clase de literatura.
11 de dec. de 2013
Paseo pola Idade Media
Que non, que non marchamos! Estamos un pouquiño ocupadas con algunhas historias peregrinas pero iso non quere dicir que esquezamos o blog. Simplemente, non chega o tempo para todo. Atopamos pola rede este artigo na páxina Aranheira Literaria no que nos falan sobre a Idade Media e a súa literatura e non queremos deixalo escapar. Aí vos queda para que lle botedes unha ollada.
Trobadores, xograres, e segreis: unha xerarquía socio-literaria
30 de out. de 2013
Día de Nós 2013
O día 30 de outubro de 1920 publicouse o primeiro número da Revista Nós. A cidade de Ourense quixo lembrar esta data cun Convivio Cívico que tivo lugar na rúa da Paz. Nesta literaria rúa, viviron Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xaquín Lorenzo "Xocas" e tamén naceu nela Eduardo Blanco Amor, segundo contou Arturo Vispo.
A Fundación pro Centenario Nós 2010 pretende levar a cabo a rehabilitación da casa na que naceron Otero Pedrayo e Vicente Risco, o número 21 da rúa da Paz, antiga rúa dos Zapateiros. A vivienda do patriarca das letras galegas foi adquirida polo profesor Camilo F. Valdehorras, quen xunto co colectivo anterior está a preparar a celebración do centenario do primeiro número da Revista Nós.
Na tarde do día 29 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar a Coral de Ruada, que actuou nesa mesma rúa. Despois, fixemos un pequeno percorrido no que Arturo Vispo deu a coñecer parte da historia desta pequena parte da cidade de Ourense.
Ata o 17 de novembro, a casa poderá ser visitada en horario de mañá, de 12:00 a 14:00 h e polas tardes mediante unha visita concertada.
A Fundación pro Centenario Nós 2010 pretende levar a cabo a rehabilitación da casa na que naceron Otero Pedrayo e Vicente Risco, o número 21 da rúa da Paz, antiga rúa dos Zapateiros. A vivienda do patriarca das letras galegas foi adquirida polo profesor Camilo F. Valdehorras, quen xunto co colectivo anterior está a preparar a celebración do centenario do primeiro número da Revista Nós.
Na tarde do día 29 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar a Coral de Ruada, que actuou nesa mesma rúa. Despois, fixemos un pequeno percorrido no que Arturo Vispo deu a coñecer parte da historia desta pequena parte da cidade de Ourense.
Ata o 17 de novembro, a casa poderá ser visitada en horario de mañá, de 12:00 a 14:00 h e polas tardes mediante unha visita concertada.
3 de abr. de 2013
Outlet do libro galego
Os amigos e amigas do "Outlet do libro galego"
xa están preparando novas actividades para esta primavera. Despois do
éxito que tiveron o ano pasado en Allariz e Pontevedra, esta bonita
iniciativa chegará proximamente a outras cidades e vilas galegas.
16 de mar. de 2013
Xogos literarios
Repasa os principais autores da nosa literatura e as súas obras máis importantes con este divertido xogo. Fíxate nos nomes e nos títulos que hai debaixo das cartas e trata de emparellalos correctamente.
Podes atopar máis xogos en www.linguasproximas.es.tl
Podes atopar máis xogos en www.linguasproximas.es.tl
10 de mar. de 2013
Cuestionario sobre o galego
Utilizamos novamente esta ferramenta que tanto nos gusta, Blubbr, para crear unha actividade sobre o galego. Nesta ocasión, seleccionamos uns vídeos da serie Historias de Galicia e fixemos algunhas cuestións sobre eles. Esperemos que vos axuden a facer un pequeno repaso da historia da lingua.
27 de feb. de 2013
Rosalía e Cantares gallegos
Xosé Luís Méndez Ferrín, ex-presidente da RAG, fala nestra entrevista sobre a figura da escritora Rosalía de Castro e a importancia doutras autoras do século XIX.
22 de feb. de 2013
O día de Rosalía
O próximo domingo día 24 de febreiro, celebraremos o 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta fin de semana tan ilustre, hai previstos diferentes actos por toda Galicia que se están a anunciar en diferentes redes sociais. E non esquezamos que a celebración será dobre porque máis adiante festexaremos os 150 anos da publicación de Cantares gallegos. Rosalía de Castro, a galega loitadora e defensora dos máis necesitados, nunca deixará de estar de actualidade.
14 de feb. de 2013
Ruta literaria por Ourense
Nesta entrada ofrecemos un mapa sobre o Ourense literario. Para facelo, baseámonos nos datos e a información que proporciona Fernando Román quen é un gran coñecedor da historia da nosa cidade, ademais de colaborador habitual no blog Ourense no tempo.
Ver Ourense literario en un mapa más grande
Ver Ourense literario en un mapa más grande
20 de xan. de 2013
Beowulf
Para unha tarde de domingo gris, nada
mellor que recuperar unha boa lectura. Por exemplo, a tradución ao
galego de Beowulf que fixo Jorge Luís BuenoAlonso. Beowulf é un dos poemas máis importantes da
literatura medieval inglesa e tamén da literatura medieval europea.
Está escrito en anglosaxón ou inglés antigo, idioma que na
actualidade os propios ingleses consideran case estranxeiro ou mesmo
descoñecido. Esta era a lingua que se escribía e falaba en partes
de Inglaterra e o suroeste de Escocia dende mediados do século V ata
mediados do século XII.
Malia a dificultade que presenta como
texto, Beowulf segue traducíndose e esta é a primeira
tradución aliterativa á lingua galega. Mais a consideración deste
texto como unha grande obra literaria chegou hai pouco tempo. Naceu
coa filoloxía do século XIX, pero confirmouse máis tarde, o 25 de
novembro de 1936, coa conferencia que na memoria de Sir IsraelGollancz pronunciou J.R.R.Tolkien diante dos membros da Academia
Británica, publicada meses despois co título de “Beowulf: os
montros e os críticos”. Aquí temos unha das reflexións que fai
neste ensaio:
“Beowulf
non é un poema “primitivo”: é un poema tardío, que usou
materiais (abundantes naqueles tempos) que se mantiveran dende un
tempo que xa estaba mudando e desaparecendo, un tempo que xa se
esvaeceu de todo e para sempre, engulido polo esquecemento. Mais
usounos cun novo propósito, dándolle pulo á imaxinación (...).
Os galegos non nos atopamos lonxe deste
imaxinario. Di Jorge Luís Bueno Alonso na introdución
da súa propia tradución:
“Penso que no caso da épica de
Beowulf, a conexión co mundo galego é máis forte cá que
poida te-lo texto noutras linguas. Nesta terra de beiras e cantís,
de ondas que sucan as sendas do mar, de brétemas e lendas de
monstros que xorden das lagoas e da néboa, a historia do poema
reflíctese mellor ca noutras partes do mundo, pois compartimos
certos elementos do mitolóxico e do simbólico do mundo mariño e
costeiro do norte de Europa. E iso segue sendo o importante do texto:
a historia, o contido, a poesía, a transmisión. Agardo que a
versión galega de Beowulf poida, como dixo unha vez o
filólogo Kenneth Sisam, lerse con pracer “nun lugar lonxe das
bibliotecas”, e no noso caso, por primeira vez, nun lugar entre
Frisia e Fisterra. O lector ten agora a decisión final nisto”.
Prólogo: O funeral de
Scyld (1 – 52)
Escoitade!
Dos bravos daneses, nos
días doutrora,
da forza dos seus reis e
dos feitos máis nobres
que acadaron os heroes,
escoitamos historias.
11 de xan. de 2013
Do galego ao inglés
Este novo proxecto, Portico of Galician Literature, nace coa intención de reforzar a proxección exterior da nosa literatura a través de internet e da lingua inglesa. Autores da categoría de Suso de Toro ou Xavier Alcalá xa teñen o seu espazo en inglés.
Portico of Galician Literature
Portico of Galician Literature
17 de dec. de 2012
Ruta literaria: A esmorga
Se queres facer a ruta literaria da obra A esmorga, podes botarlle unha ollada a este mapa elaborado polos compañeiros do IES Blanco Amor de Ourense. Nel aparecen as principais paradas que fixeron os protagonistas da novela xunto con outros lugares que se citan no texto. Fai clic debaixo do mapa, en "Ver A esmorga", e poderás ver mellor os espazos e ler algunhas das pasaxes da obra.
Ver A esmorga en un mapa más grande
Ver A esmorga en un mapa más grande
12 de dec. de 2012
Celso Emilio Ferreiro
Os nenos e nenas do CEIP Andrade de Pontedeume recitan "Deitado frente ao mar". Un fermoso vídeo con ilustracións de Leandro Lamas. A voz de Celso Emilio Ferreiro segue viva.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




