Living Junction é unha ferramenta gratuíta que nos permite crear revistas e libros dixitais. Aínda que a súa configuración está en inglés, é unha aplicación moi doada de utilizar. Con ela, podes escribir todos os textos que precises utilizando diferentes fontes ou cores, ademais de colocalos onde ti queiras e establecer os enlaces que necesites. Tamén podes subir as túas propias fotografías ou escoller as que che ofrece a aplicación dende Bing (iso si, terás que borrar o enlace que aparece en cada unha delas para evitar que salte a esa páxina). Outra posibilidade que ofrece é a de subir os vídeos de Youtube para completar a información que queres presentar.
Unha vez publicada a túa revista, libro, unidade...podes volver a editala sempre que queiras, ampliando os contidos ou reducíndoos. Sempre podes variar as posicións dos elementos, facelos máis grandes ou máis pequenos, xogar coas cores... O resultado final é aberto xa que dependerá da imaxinación do seu creador ou dos seus creadores porque podes convidar a outras persoas para que colaboran no teu proxecto.
Esta é a nosa primeira proba: unha pequena introdución ás presentacións e saúdos en galego.
En Galego: presentámonos
Amosando publicacións coa etiqueta Ferramentas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ferramentas b>. Amosar todas as publicacións
15 de xul. de 2013
14 de xuño de 2013
A Noite de San Xoán
Xa falta pouco para celebrar o San Xoán un ano máis. A máxica noite do 23 de xuño, estaremos gozando das sardiñas e vendo as cacharelas na praia. Ata entón, podemos ir lembrando algunhas das particularidades desta fermosa festa. Aquí tedes unha actividade que vos pode axudar a facer memoria..
18 de maio de 2013
28 de abr. de 2013
Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño
Utilizamos unha das nosas aplicacións favoritas para realizar este cuestionario interactivo sobre o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, protagonista do vindeiro Día das Letras Galegas 2013.
9 de abr. de 2013
Symbaloo
Symbaloo é unha estupenda ferramenta gratuíta que serve para organizar e clasificar información, recursos e os teus espazos favoritos na rede. Con ela podes crear un escritorio virtual con diferentes seccións segundo as temáticas que máis che interesan. Así, evitas ter que escribir o enderezo e accedes cun só click ao espazo que queres ver.
Contén tres páxinas (escritorio, noticias e feeds) que se poden modificar e ti mesmo podes engadir "webmix" novas para crear nelas os enlaces aos que queres acceder directamente. Podes crear bloques novos, eliminalos ou modificar os que xa existen, configuralos con diferentes cores...
Outro factor interesante é que podes compartir o teu propio escritorio con quen ti queiras para que esas persoas teñan acceso á información, páxinas, recursos... que ti tes xa tes clasificados previamente, algo que lles facilitará o traballo a todos eles. Se che interesa esta opción, tamén existe SymbalooEDU para compartir o teu material con outros profes e co teu propio alumnado.
Esta é a fotografía do meu propio Symbaloo onde teño o meu escritorio persoal e outras páxinas para galego, inglés e castelán, cada unha delas cos enlaces que acostumo utilizar habitualmente.

30 de mar. de 2013
Educaplay: Actividades Multimedia en Galego
Educaplay é un portal educativo no que podes crear diferentes actividades multimedia para todo tipo de materias. Dende sopas de letras ou encrucillados ata mapas interactivos, unha multitude de recursos moi fáciles de usar e coa posibilidade de elaboralos integramente en galego. Aquí vos deixo unha pequena mostra do que se pode facer en cinco minutiños...
Palabras esdrúxulas
Palabras esdrúxulas
10 de mar. de 2013
Cuestionario sobre o galego
Utilizamos novamente esta ferramenta que tanto nos gusta, Blubbr, para crear unha actividade sobre o galego. Nesta ocasión, seleccionamos uns vídeos da serie Historias de Galicia e fixemos algunhas cuestións sobre eles. Esperemos que vos axuden a facer un pequeno repaso da historia da lingua.
Xerador de SMS
Unha nova aplicación que tamén nos gusta. Esta vez trátase dun xerador de mensaxes curtas. Podes elaborar as túas propias mensaxes de texto, entrevistar a alguén, inventar pequenas historias ou ata crear conversacións ficticias entre personaxes históricos. Todo o que ti queiras e imaxines.
SMS Generator
SMS Generator
26 de feb. de 2013
Dicionario Xurídico Galego
A editorial Xerais pon en marcha o Dicionario Xurídico Galego en liña. Os empregados públicos da Xunta de Galicia e dos concellos galegos xa poden empregar esta valiosa ferramenta na que se fai unha primeira escolma de case 2.000 entradas nas que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do Dereito.
6 de feb. de 2013
O Entroido
Presentación sobre o ciclo do entroido, o seu calendario e as principais máscaras da provincia de Ourense.
29 de xan. de 2013
20 de nov. de 2012
Linguas
A nosa intención é crear un espazo no que dispoñades de diversos recursos para coñecer as linguas e culturas que nos rodean.
Etiquetas:
Ferramentas,
Galego,
Linguas,
Recursos
Localización:
Galicia, España
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)