Amosando publicacións coa etiqueta Curso de Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso de Galego. Amosar todas as publicacións

15 de xul. de 2013

Presentámonos (con Living Junction)

Living Junction é unha ferramenta gratuíta que nos permite crear revistas e libros dixitais. Aínda que a súa configuración está en inglés, é unha aplicación moi doada de utilizar. Con ela, podes escribir todos os textos que precises utilizando diferentes fontes ou cores, ademais de colocalos onde ti queiras e establecer os enlaces que necesites. Tamén podes subir as túas propias fotografías ou escoller as que che ofrece a aplicación dende Bing (iso si, terás que borrar o enlace que aparece en cada unha delas para evitar que salte a esa páxina). Outra posibilidade que ofrece é a de subir os vídeos de Youtube para completar a información que queres presentar.

Unha vez publicada a túa revista, libro, unidade...podes volver a editala sempre que queiras, ampliando os contidos ou reducíndoos. Sempre podes variar as posicións dos elementos, facelos máis grandes ou máis pequenos, xogar coas cores... O resultado final é aberto xa que dependerá da imaxinación do seu creador ou dos seus creadores porque podes convidar a outras persoas para que colaboran no teu proxecto.

Esta é a nosa primeira proba: unha pequena introdución ás presentacións e saúdos en galego.

En Galego: presentámonos



23 de xuño de 2013

O alfabeto galego

Estes días, estamos intentando poñer en orde todos os apuntamentos que temos dos diferentes Cursos de Galego (Iniciación, Perfeccionamento e Celga). Máis que poñelos en orde, o que pretendemos é actualizalos para a nova modalidade de exame dos Celga e conectalos co espazo web. Aquí deixamos a primeira mostra.