Compartimos este xogo sobre a figura do Apalpador que nos chega dende o CEIP A Canicouva.
Linguas próximas
Material para dúas linguas irmás
30 de nov. de 2023
Palabra do Ano 2023
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié acaban de abrir a campaña para a elección popular da Palabra do Ano 2023. Ambas as institucións promoven esta escolla colectiva dende o ano 2014 a través do Portal das Palabras, o proxecto web que comparten para a difusión do léxico galego. O público poderá participar ata o domingo 10 de decembro na fase de recolla de suxestións, da que sairán os vocábulos finalistas. A votación popular desenvolverase entre o martes 12 e o luns 25 de decembro. (Fonte: Portal das palabras)
Gañadores do concurso de Samaín
Aquí deixamos os traballos gañadores do Concurso de Samaín deste ano.
Gañadores de 1º e 2º ESO - Parabéns!
19 de out. de 2023
A bruxa regañadentes...
Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida...
Samaín!
Retomamos as publicacións no noso blog para dar a coñecer as actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega que se realizan no IES As Lagoas de Ourense. Comezamos esta nova andaina coa convocatoria dun concurso de microrrelatos de terror. Aquí deixamos as bases.
9 de feb. de 2021
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
O 11 de febreiro foi declarado pola ONU como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia "coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas."
Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia
Dende o IES Pazo da Mercé, o Comando Igualdade e Diversidade déixanos este fantástico vídeo para contribuír á visibilización das mulleres na Ciencia. Oxalá que moitas das nosas alumnas teñan a oportunidade de seguir por ese camiño!