Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Medieval. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura Medieval. Amosar todas as publicacións

14 de nov. de 2018

As Sete Partidas de Afonso X

O Portal da Ciencia en Galego, GCiencia, tráenos esta semana unha nova relacionada coa historia da nosa lingua. A noticia dá conta de que atoparon no Arquivo Histórico da Nobreza de Toledo un texto das Sete partidas, a obra de Afonso X o Sabio, en galego-portugués. Deixamos a ligazón a este achado feito aquí.

Afonso X


21 de feb. de 2017

Infografías sobre a literatura medieval galego-portuguesa

Deixamos un enlace ao noso taboleiro de Pinterest para que poidades ver as infografías literarias tan bonitas que fixo o alumnado de 1º BAC do IES Lagoa de Antela, en Xinzo de Limia. Nete caso, son infografías sobre a literatura medieval galego-portuguesa. As que aparecen en Pinterest están feitas coa aplicación Piktochart, pero poderedes ver outras infografías interactivas en Genial.ly. Pouco a pouco, irémolas dando a coñecer. De momento, deixamos un pequeno exemplo... :-)

11 de dec. de 2013

Paseo pola Idade Media

Que non, que non marchamos! Estamos un pouquiño ocupadas con algunhas historias peregrinas pero iso non quere dicir que esquezamos o blog. Simplemente, non chega o tempo para todo. Atopamos pola rede este artigo na páxina Aranheira Literaria no que nos falan sobre a Idade Media e a súa literatura e non queremos deixalo escapar. Aí vos queda para que lle botedes unha ollada.


Trobadores, xograres, e segreis: unha xerarquía socio-literaria 

 

20 de xan. de 2013

Beowulf

Para unha tarde de domingo gris, nada mellor que recuperar unha boa lectura. Por exemplo, a tradución ao galego de Beowulf que fixo Jorge Luís BuenoAlonso. Beowulf é un dos poemas máis importantes da literatura medieval inglesa e tamén da literatura medieval europea. Está escrito en anglosaxón ou inglés antigo, idioma que na actualidade os propios ingleses consideran case estranxeiro ou mesmo descoñecido. Esta era a lingua que se escribía e falaba en partes de Inglaterra e o suroeste de Escocia dende mediados do século V ata mediados do século XII.

Malia a dificultade que presenta como texto, Beowulf segue traducíndose e esta é a primeira tradución aliterativa á lingua galega. Mais a consideración deste texto como unha grande obra literaria chegou hai pouco tempo. Naceu coa filoloxía do século XIX, pero confirmouse máis tarde, o 25 de novembro de 1936, coa conferencia que na memoria de Sir IsraelGollancz pronunciou J.R.R.Tolkien diante dos membros da Academia Británica, publicada meses despois co título de “Beowulf: os montros e os críticos”. Aquí temos unha das reflexións que fai neste ensaio:

Beowulf non é un poema “primitivo”: é un poema tardío, que usou materiais (abundantes naqueles tempos) que se mantiveran dende un tempo que xa estaba mudando e desaparecendo, un tempo que xa se esvaeceu de todo e para sempre, engulido polo esquecemento. Mais usounos cun novo propósito, dándolle pulo á imaxinación (...).

Os galegos non nos atopamos lonxe deste imaxinario. Di Jorge Luís Bueno Alonso na introdución da súa propia tradución:

“Penso que no caso da épica de Beowulf, a conexión co mundo galego é máis forte cá que poida te-lo texto noutras linguas. Nesta terra de beiras e cantís, de ondas que sucan as sendas do mar, de brétemas e lendas de monstros que xorden das lagoas e da néboa, a historia do poema reflíctese mellor ca noutras partes do mundo, pois compartimos certos elementos do mitolóxico e do simbólico do mundo mariño e costeiro do norte de Europa. E iso segue sendo o importante do texto: a historia, o contido, a poesía, a transmisión. Agardo que a versión galega de Beowulf poida, como dixo unha vez o filólogo Kenneth Sisam, lerse con pracer “nun lugar lonxe das bibliotecas”, e no noso caso, por primeira vez, nun lugar entre Frisia e Fisterra. O lector ten agora a decisión final nisto”.

Beowulf (para ver o texto orixinal)

Prólogo: O funeral de Scyld (1 – 52)

Escoitade!
Dos bravos daneses, nos días doutrora,
da forza dos seus reis e dos feitos máis nobres
que acadaron os heroes, escoitamos historias.