Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia en Galicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia en Galicia. Amosar todas as publicacións

8 de nov. de 2018

Explícoche Matemáticas 2.0

Este é o ví­deo gañador do concurso Explícoche Matemáticas 2.0 da USC na categorí­a de 2º ciclo da ESO, Bacharelato e Formación Profesional.  O premio foi para o ví­deo Como calcular o tamaño da Terra, de Aarón Vilariñoo Folgueiras, alumno de 4º da ESO do IES Lamas de Abade.


10 de out. de 2018

Domingo Fontán e a Carta Xeométrica de Galicia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias, acaba de presentar unha unidade didáctica para dar a coñecer a figura do matemático e científico galego Domingo Fontán e a importancia da súa obra, na que destaca a Carta Xeométrica de Galicia. Podédela atopar na seguinte ligazón.





Ademais, a  Real Academia Galega de Ciencias celebrou o pasado luns, 8 de outubro, o Día da Ciencia en Galicia, no que se fixo homenaxe a Domingo Fontán, o autor da Carta Xeométrica de Galicia. No mesmo acto, o xornalista e director do programa Efervesciencia da Radio Galega, Manuel Vicente, recibiu tamén o Premio Galicia de Xornalismo Científico, convocado pola RAGC coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Vicente foi recoñecido co galardón grazas á reportaxe “Ondas gravitacionais que soan en galego“. 

Aquí podes escoitar a reportaxe gañadora do III Premio Galicia de Xornalismo Científico.



Fonte: www.gciencia.com