A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Consello
da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias, acaba de
presentar unha unidade didáctica para dar a coñecer a figura do
matemático e científico galego Domingo Fontán e a importancia da súa
obra, na que destaca a Carta Xeométrica de Galicia. Podédela atopar na
seguinte ligazón.
Fonte: www.consellodacultura.gal
Ademais, a Real Academia Galega de Ciencias celebrou o pasado luns, 8 de outubro, o Día da Ciencia en Galicia, no que se fixo homenaxe a Domingo Fontán, o autor da Carta Xeométrica de Galicia. No mesmo acto, o xornalista e director do programa Efervesciencia da Radio Galega, Manuel Vicente, recibiu tamén o Premio Galicia de Xornalismo Científico, convocado pola RAGC coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Vicente foi recoñecido co galardón grazas á reportaxe “Ondas gravitacionais que soan en galego“.
Aquí podes escoitar a reportaxe gañadora do III Premio Galicia de Xornalismo Científico.
Fonte: www.gciencia.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.