Amosando publicacións coa etiqueta Xosé Mª Díaz Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xosé Mª Díaz Castro. Amosar todas as publicacións

15 de maio de 2014

Letras Galegas 2014: Xosé Mª Díaz Castro

Despois de tanto tempo, despois deste esquecemento virtual do blog, queremos retomar un poquiño (dentro do posible) a nosa actividade. Non podiamos deixar pasar o Día das Letras Galegas. Por iso, achegamos este fermoso vídeo que fixeron os alumnos do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Nel formulan unhas interesantes preguntas. O poeta nace ou faise? É poética a Terra Chá? Pero o que máis nos gusta son esas imaxes finais dos rapaces cantando un dos poemas máis fermosos de Díaz Castro: "Como un río". Este é o documental A lus do mundo.


Materiais sobre Díaz Castro en Botóns (Portal Galego de Educación)