Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

23 de dec. de 2018

Bo Nadal!

E chegamos ao final do ano e do primeiro trimestre! O último día, puidemos desfrutar das actuacións do alumnado do centro, ademais de entregar os premios aos gañadores/as dos concursos de nacementos e de postais de Nadal. Parabéns e boas festas!

 1º Premio: Hugo 
 2º Premio: Lucía
3º Premio: Estela
Postais de Nadal

12 de dec. de 2018

Chega o Nadal

Para este mes de decembro, estamos a preparar un concurso de postais de Nadal coa axuda do Departamento de Educación Plástica e Visual e do Departamento de Relixión. Poderá participar todo o alumnado do IES Julio Prieto Nespereira e a tarxeta que resulte gañadora será a imaxe oficial do Instituto para confeccionar a felicitación destas festas.



E para os máis pequenos, a Mesa pola Normalización Lingüística achéganos material para coñecer mellor a figura do Apalpador. Aquí deixamos uns enlaces nos que poderedes descargar a unidade didáctica e o formato de carta para enviarlla ao Apalpador. 

24 de dec. de 2013

Bo Nadal 2013

Outro ano máis... Unhas veces arriba, outras...abaixo... Sempre con ilusión, ás veces, con menos... Estas datas non son as que máis me gustan... lémbrome de momentos... de persoas...de días pasados que xa non sei se foron mellores ou peores... pero é tempo de Nadal e hai que celebralo e acompañar a esas persoas que sempre están aí... e, para as que non están ou xa non queren estar ou mesmo as que deixamos pasar, sempre teremos un recordo, unha lembranza e un sorriso... Bo Nadal e Feliz 2014


28 de dec. de 2012

Recursos de Nadal

Deixámosvos este enlace da CGENDL no que aparecen múltiples recursos para gozar do Nadal plenamente en galego. Dende postais, cancións, a historia do Apalpador ou os lugares onde podes facer os teus agasallos na nosa lingua. 

Recursos Nadal