Tamén deixamos as bases para o concurso de adhesivos que organizan o EDLG e o Departamento de Galego do IES Julio Prieto Nespereira.
Amosando publicacións coa etiqueta Días das Letras Galegas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Días das Letras Galegas b>. Amosar todas as publicacións
7 de maio de 2019
Letras Galegas 2019: Antón Fraguas
Achégase o 17 de maio, data na que celebramos o Día das Letras Galegas, este ano dedicado á figura de Antón Fraguas. Atoparedes información e recursos sobre el no Portal da Lingua Galega.
22 de maio de 2017
Premios concurso Carlos Casares
Móstramos con orgullo os traballos do noso alumnado, os gañadores do concurso Carlos Casares que organizou o ENDL do IES Lagoa de Antela, en Xinzo de Limia. Parabéns a Guillermo e a Miranda!
"A rapaza do circo", Vento ferido
13 de maio de 2017
Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares
O alumnado e o profesorado do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia) están a traballar arreo en diferentes actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Carlos Casares, ilustre limiao. Aquí deixamos algunhas das tarefas creadas por eles.
O xogo da guerra
O XOGO DA GUERRA por anxo_xinzo
Agarda longa ao sol
A tronada
15 de maio de 2014
Letras Galegas 2014: Xosé Mª Díaz Castro
Despois de tanto tempo, despois deste esquecemento virtual do blog, queremos retomar un poquiño (dentro do posible) a nosa actividade. Non podiamos deixar pasar o Día das Letras Galegas. Por iso, achegamos este fermoso vídeo que fixeron os alumnos do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Nel formulan unhas interesantes preguntas. O poeta nace ou faise? É poética a Terra Chá? Pero o que máis nos gusta son esas imaxes finais dos rapaces cantando un dos poemas máis fermosos de Díaz Castro: "Como un río". Este é o documental A lus do mundo.
Materiais sobre Díaz Castro en Botóns (Portal Galego de Educación)
30 de dec. de 2013
O instante eterno: Xosé Mª Díaz Castro
En 2014, o Día das Letras Galegas será para o poeta Xosé Mª Díaz Castro. Na rede, xa podemos atopar información e actividades sobre a súa obra e figura. Hoxe, deixamos este interesante documental que nos achega un pouquiño máis o autor de Nimbos.
17 de maio de 2013
Un chapeu negro e un nariz de pallaso
Este mércores pasado (15 de maio) asistimos a unha charla sobre Roberto Vidal Bolaño na Casa da Cultura de Verín. Nos primeiros minutos, puidemos ver un anaco do documental que Gonzalo Enríquez Veloso realizou sobre a figura de RVB. Despois, foi Montse Pena quen nos falou da traxectoria profesional e persoal do autor. No seu libro, Un chapeu negro e un nariz de pallaso (Galaxia), recolle anécdotas e datos sobre o dramaturgo que lle contaron dende Roi Vidal Ponte (fillo de RVB) ata as compañeiras sentimentais ou os seus colegas de profesión.
A relatora fíxonos chegar o compromiso que transmite a obra do autor homenaxeado este ano 2013, a súa valentía e a súa particular visión da vida e do alén. A propia Montse contounos que a RVB, cando xa padecía esa terrible enfermidade, gustáballe dicir que "o cigarro é un bico da eternidade", imaxe que nos dá idea da especial relación que tiña cun do seus máis fieis compañeiros de viaxe. Mais os seus auténticos aliados foron eses seres marxinais nos que puxo o foco, esas persoas nunca escoitadas pola sociedade e ás que el lles cedeu a voz para poder coñecer outra realidade, ás veces incómoda, que nos ensinan os Doentes, os Animaliños, as Criaturas...
A súa teima era construír un Teatro do Aquí porque el dicía que...
"Nalgún recuncho ignorado do noso presente, ten que haber un teatro do hoxe e do aquí posible. Un teatro con fe abonda en si mesmo e na sociedade na que nace e á que serve, como para ser quen de saír ao encontro de poéticas propias, capaces de traducir en termos de universalidade o particular, e de reafirmar as capacidades potenciais da nosa cultura e dos nosos creadores para se incorporar por méritos propios á dramaturxia e ao teatro universais. Un teatro que contribúa a lle restituír aos cidadáns o dereito a un lugar de encontro no que se espellar, co que poidan sentirse identificados e ao que cheguen a ter como propio."
"Non existe un pobo con alma sen poetas que o canten, sen creadores que busquen ser a expresión do seu ser e estar no mundo; os dramaturgos son algúns deses poetas" (RVB).
Charla sobre Roberto Vidal Bolaño na Casa da Cultura de Verín. Relatora: Montse Pena Presas.

28 de abr. de 2013
Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño
Utilizamos unha das nosas aplicacións favoritas para realizar este cuestionario interactivo sobre o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, protagonista do vindeiro Día das Letras Galegas 2013.
21 de mar. de 2013
Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño
O 17 de maio de 2013, Días das Letras Galegas, estará adicado á figura de Roberto Vidal Bolaño. Desde o CPI da Riberia xa nos chega unha primeria proposta de actividades para celebrar esa data tan sinalada. Na súa páxina atoparedes un libro e un cuestionario que vos axudará a facer un percurso pola vida e obra do autor.
Actividades Roberto Vidal Bolaño
Actividades Roberto Vidal Bolaño
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)