Amosando publicacións coa etiqueta Ruta literaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ruta literaria. Amosar todas as publicacións

30 de out. de 2013

Día de Nós 2013

O día 30 de outubro de 1920 publicouse o primeiro número da Revista Nós. A cidade de Ourense quixo lembrar esta data cun Convivio Cívico que tivo lugar na rúa da Paz. Nesta literaria rúa, viviron Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xaquín Lorenzo "Xocas" e  tamén naceu nela Eduardo Blanco Amor, segundo  contou Arturo Vispo.


A Fundación pro Centenario Nós 2010 pretende levar a cabo a rehabilitación da casa na que naceron Otero Pedrayo e Vicente Risco, o número 21 da rúa da Paz, antiga rúa dos Zapateiros. A vivienda do patriarca das letras galegas foi adquirida polo profesor Camilo F. Valdehorras, quen xunto co colectivo anterior está a preparar a celebración do centenario do primeiro número da Revista Nós.


Na tarde do día 29 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar a Coral de Ruada, que actuou nesa mesma rúa. Despois, fixemos un pequeno percorrido no que Arturo Vispo deu a coñecer parte da historia desta pequena parte da cidade de Ourense.



Ata o 17 de novembro, a casa poderá ser visitada en horario de mañá, de 12:00 a 14:00 h e polas tardes mediante unha visita concertada.


22 de feb. de 2013

O día de Rosalía

O próximo domingo día 24 de febreiro, celebraremos o 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta fin de semana tan ilustre, hai previstos diferentes actos por toda Galicia que se están a anunciar en diferentes redes sociais. E non esquezamos que a celebración será dobre porque máis adiante festexaremos os 150 anos da publicación de Cantares gallegos. Rosalía de Castro, a galega loitadora e defensora dos máis necesitados, nunca deixará  de estar de actualidade.


14 de feb. de 2013

Ruta literaria por Ourense

Nesta entrada ofrecemos un mapa sobre o Ourense literario. Para facelo, baseámonos nos datos e a información que proporciona Fernando Román quen é un gran coñecedor da historia da nosa cidade, ademais de colaborador habitual no blog Ourense no tempo.



Ver Ourense literario en un mapa más grande

17 de dec. de 2012

Ruta literaria: A esmorga

Se queres facer a ruta literaria da obra A esmorga, podes botarlle unha ollada a este mapa elaborado polos compañeiros do IES Blanco Amor de Ourense. Nel aparecen as principais paradas que fixeron os protagonistas da novela xunto con outros lugares que se citan no texto. Fai clic debaixo do mapa, en "Ver A esmorga", e poderás ver mellor os espazos e ler algunhas das pasaxes da obra.


Ver A esmorga en un mapa más grande