30 de out. de 2013

Día de Nós 2013

O día 30 de outubro de 1920 publicouse o primeiro número da Revista Nós. A cidade de Ourense quixo lembrar esta data cun Convivio Cívico que tivo lugar na rúa da Paz. Nesta literaria rúa, viviron Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xaquín Lorenzo "Xocas" e  tamén naceu nela Eduardo Blanco Amor, segundo  contou Arturo Vispo.


A Fundación pro Centenario Nós 2010 pretende levar a cabo a rehabilitación da casa na que naceron Otero Pedrayo e Vicente Risco, o número 21 da rúa da Paz, antiga rúa dos Zapateiros. A vivienda do patriarca das letras galegas foi adquirida polo profesor Camilo F. Valdehorras, quen xunto co colectivo anterior está a preparar a celebración do centenario do primeiro número da Revista Nós.


Na tarde do día 29 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar a Coral de Ruada, que actuou nesa mesma rúa. Despois, fixemos un pequeno percorrido no que Arturo Vispo deu a coñecer parte da historia desta pequena parte da cidade de Ourense.



Ata o 17 de novembro, a casa poderá ser visitada en horario de mañá, de 12:00 a 14:00 h e polas tardes mediante unha visita concertada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.