Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións

20 de feb. de 2018

Día de Rosalía

Cada 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía de Castro. Este ano, decidimos crear uns fotopoemas co alumnado de 3º e 4º ESO (que están demostrando ser uns artistiñas). Aquí vai unha mostra das súas creacións. E, lembrade, este 24 de febreiro #AbrideAFiestra e compartide os vosos traballos.


5 de feb. de 2017

Formularios sobre o Rexurdimento

Repaso sobre o Rexurdimento e as figuras de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez.


O Rexurdimento: Rosalía de Castro O Rexurdimento: Pondal e Curros

5 de nov. de 2015

Libros multimedia: Manuel Murguía e Rosalía de Castro

Despois de taaaaanto tempo, volvemos para deixar un enlace a estes libros multimedia sobre as figuras de Manuel Murguía e de Rosalía de Castro. Este traballo chéganos dende a Fundación EducaBarrié. 

                                           Fonte: http://murguia.educabarrie.org/datos/portada 

16 de mar. de 2015

De viaxe por Galicia: xeodestinos

Rosalía de Castro recolle nun dos seus poemas unha cantiga sobre o famoso santuario da Virxe da Barca, en Muxía.
Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra;
ben o pudera ter de ouro,
miña Virxe, si quixera.

Como algúns rapaces e rapazas non coñecían este lugar tan fermoso, decidimos ensinárllelo nesta pequena presentación. Igual temos que viaxar un pouquiño máis na clase de galego para coñecer mellor o noso país...


Tamén podes ver máis documentos en Scribd.

27 de feb. de 2013

22 de feb. de 2013

O día de Rosalía

O próximo domingo día 24 de febreiro, celebraremos o 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Para conmemorar esta fin de semana tan ilustre, hai previstos diferentes actos por toda Galicia que se están a anunciar en diferentes redes sociais. E non esquezamos que a celebración será dobre porque máis adiante festexaremos os 150 anos da publicación de Cantares gallegos. Rosalía de Castro, a galega loitadora e defensora dos máis necesitados, nunca deixará  de estar de actualidade.