Amosando publicacións coa etiqueta 2019 Ano Internacional das Linguas Indíxenas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2019 Ano Internacional das Linguas Indíxenas. Amosar todas as publicacións

15 de feb. de 2019

21 de febreiro: Día da Lingua Materna

A ONU proclamou o 2019 como o Ano Internacional das Linguas Indíxenas para que os Estados adopten medidas para preservalas, revitalizalas e promovelas. Alistair Heather explícanos neste vídeo que unha das linguas que se fala en Escocia é o escocés (non só o inglés). Tamén nos conta que, precisamente, esta lingua minoritaria debería de contar cunha maior protección. Se nos paramos a pensar, o certo é que escocés e galego parecen ter trazos en común no que respecta á súa situación e historia... 

Ademais, nos próximos días celebrarase o Día Internacional da Lingua Materna, que foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e que se celebra anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. 


Fonte: DornaFG