Amosando publicacións coa etiqueta Sociolingüística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sociolingüística. Amosar todas as publicacións

15 de feb. de 2019

21 de febreiro: Día da Lingua Materna

A ONU proclamou o 2019 como o Ano Internacional das Linguas Indíxenas para que os Estados adopten medidas para preservalas, revitalizalas e promovelas. Alistair Heather explícanos neste vídeo que unha das linguas que se fala en Escocia é o escocés (non só o inglés). Tamén nos conta que, precisamente, esta lingua minoritaria debería de contar cunha maior protección. Se nos paramos a pensar, o certo é que escocés e galego parecen ter trazos en común no que respecta á súa situación e historia... 

Ademais, nos próximos días celebrarase o Día Internacional da Lingua Materna, que foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e que se celebra anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. 


Fonte: DornaFG

8 de out. de 2013

Enquisa sobre a percepción e o uso do galego en internet

 Esta é unha enquisa que está a desenvolver Luz Varela Armas no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. A súa finalidade é a de obter datos sobre a percepción e o uso da nosa lingua en internet no ámbito educativo. Con ela, pretende recadar datos para realizar un estudo sobre a situación do idioma galego na rede, dentro do que é a súa tese "As TIC e a normalización lingüística na sociedade galega actual. Unha aproximación á súa realidade educativa"

Para facer a enquisa, non é necesario identificarse nin engadir datos persoais, aínda que, se queredes, podedes escribir o voso enderezo electrónico ao final para recibir os resultados. 

Enquisa sobre a percepción e o uso do galego en internet

 

 

24 de mar. de 2013

Porcentaxe de galegofalantes por municipio

Recuperamos este valioso documento dende o portal ProLingua. Nel atopamos o mapa de Galicia coas porcentaxes de galegofalantes por municipio. Os concellos nos que se fala o galego exterior tamén están sinalados, aínda que non se ofrecen datos sobre a situación da lingua neles. O certo é que o galego ten unha presenza maioritaria neste mapa, pero iso non é suficiente xa que se é evidente o retroceso que está a sufrir a lingua na sociedade, especialmente nas cidades. Preme en cada un dos municipios e poderás ver os datos concretos que lle corresponden a ese lugar.

5 de mar. de 2013

Intencións...

Os compañeiros de ProLingua publican esta fotografía na que aparecen dous titulares diferentes sobre un mesmo tema. A realidade é a mesma (tod@s os que estamos nisto sabemos cal é), pero aínda hai quen non a quere ver nin aceptar. Mesmo chegan a culpabilizar a quen está nunha situación de inferioridade. As intencións duns e doutros son ben distintas. Que cada quen faga a súa propia reflexión porque diso é do que se trata, de pensar un pouquiño...

31 de xan. de 2013

O galego en "crisi"?

Interesantes reflexións as que nos deixa o filólogo e académigo da RAG, Xosé Luís Regueira, sobre a situación actual do galego no mundo da política.

"Hemos feito" que o galego estea en "crisi"?


14 de xan. de 2013

Gústanos falar galego

O galego está de moda. Todo o mundo quere falar a nosa lingua. Aquí tedes a estudantes de galego en Carballo que nos explican as súas razóns para aprendelo.