9 de abr. de 2013

Symbaloo

Symbaloo é unha estupenda ferramenta gratuíta que serve para organizar e clasificar  información,  recursos e os teus espazos favoritos na rede. Con ela podes crear un escritorio virtual con diferentes seccións segundo as temáticas que máis che interesan. Así, evitas ter que escribir o enderezo e accedes cun só click ao espazo que queres ver.

Contén tres páxinas (escritorio, noticias e feeds) que se poden modificar e ti mesmo podes engadir "webmix" novas  para crear nelas os enlaces aos que queres acceder directamente. Podes crear bloques novos, eliminalos ou modificar os que xa existen, configuralos con diferentes cores...

Outro factor interesante é que podes compartir o teu propio escritorio con quen ti queiras para que esas persoas teñan acceso á  información, páxinas, recursos... que ti tes xa tes clasificados previamente, algo que lles facilitará o traballo a todos eles. Se che interesa esta opción, tamén existe SymbalooEDU para compartir o teu material con outros profes e co teu propio alumnado.

Esta é a fotografía do meu propio Symbaloo onde teño o meu escritorio persoal e outras páxinas para galego, inglés e castelán, cada unha delas cos enlaces que acostumo utilizar habitualmente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.