5 de out. de 2017

Novo curso: Pelerinaxes I

Comezamos coas actividades deste novo curso. Hoxe fomos coa rapazada de 4º ESO ata o IES Vilamarín, para ver a presentación da película Pelerinaxes, de Simone Saibene. Alí, o director contounos a súa experiencia coa rodaxe desta película-documental e revelounos anécdotas e segredos dos días de gravación. Coa súa axuda, descubrimos esta emotiva "pelerinaxe" que fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey dende Ourense ata Santo André de Teixido, alá polo ano 1927. A viaxe deu lugar á obra que escribiu Otero Pedrayo (Pelerinaxes I) e que publicou en 1929 a editorial Nós.

Ademais, o alumnado do IES Vilamarín agasallounos cuns cócteles sen alcol e uns riquísimos aperitivos!!


Tráiler da película.

Máis información sobre a ruta en Camiño a San Andrés.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.