A postal gañadora do Concurso de Postais de Nadal do Equipo de Dinamización da Lingua Galega foi para María Dibuja Conde, de 1º ESO B. Parabéns á gañadora.
E Bo Nadal a toda a comunidade educativa do IES As Lagoas.
A postal gañadora do Concurso de Postais de Nadal do Equipo de Dinamización da Lingua Galega foi para María Dibuja Conde, de 1º ESO B. Parabéns á gañadora.
E Bo Nadal a toda a comunidade educativa do IES As Lagoas.
A rapazada do noso instituto está chea de amor e boas intencións... Seguro que presentará ao concurso unhas postais de Nadal precioooooosas!!!
Ollo! Que temos máis concursos para estes últimos días do trimestre! Para os máis larpeiros, un ano máis, o Concurso de Sobremesas de Nadal!
Xa podedes entregar as vosas creacións para participar no III Concurso de Samaín. Lembrade que hai dúas categorías.
Estes son algúns dos traballos que fixeron os alumnos de 3º ESO do noso IES. Moitas grazas!
Xa podedes visitar a exposición de fotopoemas sobre Rosalía de Castro que está na entrada do noso IES As Lagoas.
Deixamos aquí a relación de convocatorias de concursos por se vos queredes presentar a algún deles.
-VII Certame de Microrrelatos convocado por PuntoGal e a Real Academia Galega
-Premio anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato
-II Premio de Oratoria en formato podcast Ramón Otero Pedrayo
-I Premio Breviter de microrrelatos
O venres 16 de febreiro o campus de Ourense acollerá unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en Feminino. A iniciativa une un amplo colectivo de persoal investigador da Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermaría co obxectivo de visibilizar o papel da muller no eido CTEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e atraer vocacións científicas a el, principalmente entre as nenas e rapazas.
A actividade organízase co gallo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e “o seu obxectivo principal é difundir e promover as vocacións científicas e tecnolóxicas no ámbito das ciencias, as tecnoloxías, as enxeñarías e as matemáticas” e “difundir entre nenas e nenos o papel que teñen as mulleres nestas disciplinas, que vexan que as mulleres fan e poden facer ciencia e tecnoloxía”.
A feira desenvolverase de 10.00 a 18.00 h no edificio Politécnico do campus e na súa contorna. Haberá 14 postos con actividades científicas de carácter visual e manipulativo nas que se expón a investigación realizada nas diferentes áreas CTEM do campus. Xa pola tarde, a partir das 15.00 h, a feira estará aberta ao público en xeral que se queira achegar ao campus.
Fonte: Diario da Universidade de Vigo
Neste tempo de Entroido, queremos lembrar un estupendo traballo que fixeron os nosos alumnos de 1º ESO B, alá polo curso 2015-2016. Esperamos que vos axude a recoñecer mellor todas as máscaras desta festa que tanto nos gusta! Podédelas ver todas na seguinte ligazón:
As máscaras do Entroido ourensán
Fonte: Abi Castillo
A Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña colaboran co Consello Superior de Investigacións Científicas na elaboración en galego do Calendario Científico Escolar 2023.
Fonte: Calendario Científico Escolar
Deixamos por aquí as ligazóns aos diferentes concursos nos que podedes participar.
-VII CERTAME DE MICRORRELATOS CONVOCADO POR PUNTOGAL E AREAL ACADEMIA GALEGA
-Premio Anual Otero Pedrayo para estudantes da ESO e Bacharelato
-II PREMIO DE ORATORIA EN FORMATO PODCAST ‘RAMÓN OTERO PEDRAYO’
Aquí están algúns dos traballos que fixo o alumnado de 1º ESO e cos que imos decorar a entrada do edificio. Grazas a todos por participar!
Chega o Nadal e toca, un ano máis, decorar as nosas aulas e centro. Dende o EDLG, facemos esta proposta. A ver que vos parece e se vos animades a participar!
Otro curso máis o IES As Lagoas participou co Proxecto Ríos coordinado por ADEGA, para a avaliación do estado do río Lonia na cidade de Ourense. Este ano tocoulles aos alumnos e alumnas de 1 ° da ESO e ao grupo de diversificación de 4° da ESO realizar as actividades de análise das características biolóxicas e físico-químicas da auga. Para iso usamos fichas de identificación de flora e fauna, reactivos químicos, manuais básicos… e sobre todo pasamos unha mañá estupenda.
Moitas grazas ao Departamento de Bioloxía pola súa axuda!
A fase de votacións remata o luns 25 de decembro ás 23:59 horas. Lembra que nun lapso de 24 horas só poderás votar unha vez por equipo e IP. Admítense tres dispositivos por enderezo IP.
Fonte: Portal das Palabras
Compartimos este xogo sobre a figura do Apalpador que nos chega dende o CEIP A Canicouva.