8 de feb. de 2013
Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés
Xa podes descargar en GalegoBook o Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés. Esta obra, que elabora o Termigal e coordina o lingüista Manuel González, recolle ata 3000 conceptos relativos ao mundo da gastronomía e inclúe notas etimolóxicas.
6 de feb. de 2013
O Entroido
Presentación sobre o ciclo do entroido, o seu calendario e as principais máscaras da provincia de Ourense.
2 de feb. de 2013
Imos? A guía social máis xenuína de Galicia
O galego segue a ter o seu lugar no mundo das novas tecnoloxías. Este é o vídeo promocional de Imos, unha nova aplicación para iPhone e Android. Con ela podes atopar centos de furanchos ou lugares de tapas, máis de 900 praias e ti mesmo podes dar a coñecer os teus lugares favoritos de Galicia. Un paso máis para a nosa lingua. Sofware galego para Galicia que podes atopar en GalApps.
31 de xan. de 2013
O galego en "crisi"?
Interesantes reflexións as que nos deixa o filólogo e académigo da RAG, Xosé Luís Regueira, sobre a situación actual do galego no mundo da política.
"Hemos feito" que o galego estea en "crisi"?
"Hemos feito" que o galego estea en "crisi"?
29 de xan. de 2013
24 de xan. de 2013
Linguagista
O blogue do revisor e tradutor Helder Guégués onde ele mesmo esclarece os leitores as dúvidas da língua portuguesa, a origem das palavras e até os erros que há nos dicionários.
Linguagista
Linguagista
23 de xan. de 2013
Táboas, deporte en galego
Unha nova ollada sobre o deporte dende a nosa lingua. Un proxecto que pretende fuxir dos habituais debates mediáticos para centrarse só nos verdadeiros protagonistas, os deportistas.
Táboas
Táboas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



