Repasa os principais autores da nosa literatura e as súas obras máis importantes con este divertido xogo. Fíxate nos nomes e nos títulos que hai debaixo das cartas e trata de emparellalos correctamente.
Podes atopar máis xogos en www.linguasproximas.es.tl
16 de mar. de 2013
10 de mar. de 2013
Cuestionario sobre o galego
Utilizamos novamente esta ferramenta que tanto nos gusta, Blubbr, para crear unha actividade sobre o galego. Nesta ocasión, seleccionamos uns vídeos da serie Historias de Galicia e fixemos algunhas cuestións sobre eles. Esperemos que vos axuden a facer un pequeno repaso da historia da lingua.
Xerador de SMS
Unha nova aplicación que tamén nos gusta. Esta vez trátase dun xerador de mensaxes curtas. Podes elaborar as túas propias mensaxes de texto, entrevistar a alguén, inventar pequenas historias ou ata crear conversacións ficticias entre personaxes históricos. Todo o que ti queiras e imaxines.
SMS Generator
SMS Generator
6 de mar. de 2013
Faróis de Portugal
Seguimos com a nossa visita por Portugal para conhecer melhor o país e a sua língua. Hoje encontramos este interessante artigo no Expresso, um gráfico animado que mostra os 48 faróis existentes em Portugal. A infografía é de Carlos Esteves e Jaime Figueiredo e os textos, de Rui Cardoso.
5 de mar. de 2013
Intencións...
Os compañeiros de ProLingua publican esta fotografía na que aparecen dous titulares diferentes sobre un mesmo tema. A realidade é a mesma (tod@s os que estamos nisto sabemos cal é), pero aínda hai quen non a quere ver nin aceptar. Mesmo chegan a culpabilizar a quen está nunha situación de inferioridade. As intencións duns e doutros son ben distintas. Que cada quen faga a súa propia reflexión porque diso é do que se trata, de pensar un pouquiño...
2 de mar. de 2013
Un idioma entra na casa
Paula Kasares pretende resolver algunhas dúbidas sobre o proceso de aprendizaxe do euskera, lingua que moitos pais e nais non dominan. Pero o feito de descoñecer a lingua, non significa que non poidan axudar a aprendela aos seus propios fillos. Moitas das reflexións que aparecen neste vídeo, podémolas comparar coa situación que vivimos en Galicia. O galego e o euskera tamén son linguas próximas nalgúns aspectos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

