Estes días, estamos intentando poñer en orde todos os apuntamentos que temos dos diferentes Cursos de Galego (Iniciación, Perfeccionamento e Celga). Máis que poñelos en orde, o que pretendemos é actualizalos para a nova modalidade de exame dos Celga e conectalos co espazo web. Aquí deixamos a primeira mostra.
23 de xuño de 2013
14 de xuño de 2013
A Noite de San Xoán
Xa falta pouco para celebrar o San Xoán un ano máis. A máxica noite do 23 de xuño, estaremos gozando das sardiñas e vendo as cacharelas na praia. Ata entón, podemos ir lembrando algunhas das particularidades desta fermosa festa. Aquí tedes unha actividade que vos pode axudar a facer memoria..
13 de xuño de 2013
Portal das Palabras
Xa podemos gozar do Portal das Palabras, un novo espazo web para a difusión do léxico galego. Esta é unha iniciativa didáctica da RAG e da Fundación Barrié e nela podedes consultar léxico, xogar coas nosas palabras ou preguntar as vosas dúbidas sobre a lingua. Unha ferramenta máis que achega o galego a tod@s, ademais de asegurar o espazo da nosa lingua na rede.
24 de maio de 2013
18 de maio de 2013
17 de maio de 2013
Un chapeu negro e un nariz de pallaso
Este mércores pasado (15 de maio) asistimos a unha charla sobre Roberto Vidal Bolaño na Casa da Cultura de Verín. Nos primeiros minutos, puidemos ver un anaco do documental que Gonzalo Enríquez Veloso realizou sobre a figura de RVB. Despois, foi Montse Pena quen nos falou da traxectoria profesional e persoal do autor. No seu libro, Un chapeu negro e un nariz de pallaso (Galaxia), recolle anécdotas e datos sobre o dramaturgo que lle contaron dende Roi Vidal Ponte (fillo de RVB) ata as compañeiras sentimentais ou os seus colegas de profesión.
A relatora fíxonos chegar o compromiso que transmite a obra do autor homenaxeado este ano 2013, a súa valentía e a súa particular visión da vida e do alén. A propia Montse contounos que a RVB, cando xa padecía esa terrible enfermidade, gustáballe dicir que "o cigarro é un bico da eternidade", imaxe que nos dá idea da especial relación que tiña cun do seus máis fieis compañeiros de viaxe. Mais os seus auténticos aliados foron eses seres marxinais nos que puxo o foco, esas persoas nunca escoitadas pola sociedade e ás que el lles cedeu a voz para poder coñecer outra realidade, ás veces incómoda, que nos ensinan os Doentes, os Animaliños, as Criaturas...
A súa teima era construír un Teatro do Aquí porque el dicía que...
"Nalgún recuncho ignorado do noso presente, ten que haber un teatro do hoxe e do aquí posible. Un teatro con fe abonda en si mesmo e na sociedade na que nace e á que serve, como para ser quen de saír ao encontro de poéticas propias, capaces de traducir en termos de universalidade o particular, e de reafirmar as capacidades potenciais da nosa cultura e dos nosos creadores para se incorporar por méritos propios á dramaturxia e ao teatro universais. Un teatro que contribúa a lle restituír aos cidadáns o dereito a un lugar de encontro no que se espellar, co que poidan sentirse identificados e ao que cheguen a ter como propio."
"Non existe un pobo con alma sen poetas que o canten, sen creadores que busquen ser a expresión do seu ser e estar no mundo; os dramaturgos son algúns deses poetas" (RVB).
Charla sobre Roberto Vidal Bolaño na Casa da Cultura de Verín. Relatora: Montse Pena Presas.

11 de maio de 2013
Cancioneiro popular galego
Aquí deixamos o enlace no que poderedes gozar do Cancioneiro popular galego na súa versión dixital. Nel atoparedes melodías, partituras, letras e todo o necesario para saber máis sobre esta xoia do noso folclore musical. Este traballo de documentación e clasificación das cantigas tradicionais galegas foi realizado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)