Deixamos aquí o traballo que fixo o alumnado de 1ºESO - B (IES As Lagoas) sobre as máscaras do Entroido na provincia de Ourense. Non están todas as que son, pero si son todas as que están... Grazas a tod@s polo voso traballo e esforzo :-)
24 de feb. de 2016
5 de nov. de 2015
Libros multimedia: Manuel Murguía e Rosalía de Castro
Despois de taaaaanto tempo, volvemos para deixar un enlace a estes libros multimedia sobre as figuras de Manuel Murguía e de Rosalía de Castro. Este traballo chéganos dende a Fundación EducaBarrié.
Fonte: http://murguia.educabarrie.org/datos/portada
18 de mar. de 2015
Día da Poesía
Xa chega o 21 de marzo, o día ideal para...
lapidarte a bicos
porque
Contigo
os mapas fanse
cidades...
E aquí atoparedes algúns fermosos versos en galego...
lapidarte a bicos
porque
Contigo
os mapas fanse
cidades...
Fonte: http://avozdoalobre.blogaliza.org/
E aquí atoparedes algúns fermosos versos en galego...
16 de mar. de 2015
De viaxe por Galicia: xeodestinos
Rosalía de Castro recolle nun dos seus poemas unha cantiga sobre o famoso santuario da Virxe da Barca, en Muxía.
Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra;
ben o pudera ter de ouro,
miña Virxe, si quixera.
Como algúns rapaces e rapazas non coñecían este lugar tan fermoso, decidimos ensinárllelo nesta pequena presentación. Igual temos que viaxar un pouquiño máis na clase de galego para coñecer mellor o noso país...Tamén podes ver máis documentos en Scribd.
7 de mar. de 2015
Poema de Berta Dávila con música
No IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, temos tres alumnas en 1º BAC (Carlota, Coral e Laura) que non deixan de sorprendernos coa súa faceta máis artística. Nesta avaliación, a proposta era a de facer un traballo creativo a partir dos textos do poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, e velaquí deixamos o resultado do seu esforzo.
28 de xan. de 2015
13 de xan. de 2015
Versos dixitais
Impresionante o traballo de Noelia Gómez Calvo con estes Versos Dixitais. Sen dúbida, un gran recurso para a clase de literatura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


