Actividade para identificar as máscaras do Entroido da provincia de Ourense.
6 de mar. de 2019
19 de feb. de 2019
24 de febreiro: Día de Rosalía
Un ano máis facemos a nosa particular homenaxe a Rosalía de Castro coa creación destes fotopoemas. Desta vez, foi o alumnado de TIC do IES Julio Prieto Nespereira coa axuda da profesora Mª Asunción Rivera.
E desta vez, a banda sonora para o Día de Rosalía póñena as De Vacas co seu tema "Rexurdimente" (que seguro que che soa).
E desta vez, a banda sonora para o Día de Rosalía póñena as De Vacas co seu tema "Rexurdimente" (que seguro que che soa).
15 de feb. de 2019
21 de febreiro: Día da Lingua Materna
A ONU proclamou o 2019 como o Ano Internacional das Linguas Indíxenas para que os Estados adopten medidas para preservalas, revitalizalas e promovelas. Alistair Heather explícanos neste vídeo que unha das linguas que se fala en Escocia é o escocés (non só o inglés). Tamén nos conta que, precisamente, esta lingua minoritaria debería de contar cunha maior protección. Se nos paramos a pensar, o certo é que escocés e galego parecen ter trazos en común no que respecta á súa situación e historia...
Ademais, nos próximos días celebrarase o Día Internacional da Lingua Materna, que foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e que se celebra anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.
Fonte: DornaFG
14 de feb. de 2019
Poesía namorada
O 14 de febreiro serviulle ao alumnado de inspiración para crear algunhas composicións poéticas. Algúns ata se atreveron cos sonetos!
O seseo estase perdendo
"O seseo estase perdendo" é o titular que nos chega dende o xornal La Voz de Galicia. Nel, Tamara Ríal Fontes fala sobre esta característica fonética do noso idioma. Por se o queredes ler, deixamos a ligazón aquí.
Fonte: www.edu.xunta.es
12 de feb. de 2019
De amor e amizade
Se en xaneiro tivemos o Día da Paz, este mes de febreiro non podemos esquecer unha data tan sinalada como é o Día dos Namorados ou o San Valentín (que tanto nos/vos gusta). Para celebralo, convidámosvos a crear unha pequena composición literaria en formato de carta, conto ou poema que faga referencia ao amor ou á amizade. Por se vos serve de inspiracións, compartimos esta antoloxía de poemas de amor que fixo a compañeira Celia Díaz.
III Concurso Literario Infantil sobre a protección de datos
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convocan o “III Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos”. Poderá participar o alumnado de 1º a 4º de ESO (tamén 5º e 6º de Primaria). Deixamos toda a información aquí.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





