17 de dec. de 2023

Decoración de Nadal

 Chega o Nadal e toca, un ano máis, decorar as nosas aulas e centro. Dende o EDLG, facemos esta proposta. A ver que vos parece e se vos animades a participar!



Proxecto Ríos

 Otro curso máis o IES As Lagoas participou co Proxecto Ríos coordinado por ADEGA, para a avaliación do estado do río Lonia na cidade de Ourense. Este ano tocoulles aos alumnos e alumnas de 1 ° da ESO e ao grupo de diversificación de 4° da ESO realizar as actividades de análise das características biolóxicas  e físico-químicas da auga. Para iso usamos fichas de identificación de flora e fauna, reactivos químicos, manuais básicos… e sobre todo pasamos unha mañá estupenda. 

Moitas grazas ao Departamento de Bioloxía pola súa axuda!





Infórmate sobre cada unha das finalistas e vota pola túa Palabra do Ano 2023

 A fase de votacións remata o luns 25 de decembro ás 23:59 horasLembra que nun lapso de 24 horas só poderás votar unha vez por equipo e IP. Admítense tres dispositivos por enderezo IP.


Fonte: Portal das Palabras

30 de nov. de 2023

A fuga do Apalpador

 Compartimos este xogo sobre a figura do Apalpador que nos chega dende o CEIP A Canicouva.

Palabra do Ano 2023

 A Real Academia Galega e a Fundación Barrié acaban de abrir a campaña para a elección popular da Palabra do Ano 2023. Ambas as institucións promoven esta escolla colectiva dende o ano 2014 a través do Portal das Palabras, o proxecto web que comparten para a difusión do léxico galego. O público poderá participar ata o domingo 10 de decembro na fase de recolla de suxestións, da que sairán os vocábulos finalistas. A votación popular desenvolverase entre o martes 12  e o luns 25 de decembro. (Fonte: Portal das palabras)


Gañadores do concurso de Samaín

 Aquí deixamos os traballos gañadores do Concurso de Samaín deste ano.

Gañadores de 1º e 2º ESO - Parabéns!




E aquí temos os gañadores de Bacharelato. Parabéns a todos eles!





19 de out. de 2023

A bruxa regañadentes...

 Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida...

Esta é a historia de terror e medo que viven os protagonistas de A bruxa regañadentes. Ideal para compartir agora que chega o Samaín e as vésperas de Defuntos...