17 de mar. de 2016

As nacións celtas

Hoxe, 17 de marzo, é o día de San Patricio, patrón de Irlanda. Para celebrar esta data, lembramos un dos programas da serie documental Terras de Merlín que fala sobre as nacións celtas (Irlanda, Escocia, País de Gales, Cornualles, Illa de Man, Bretaña, Asturias e Galicia).


As Terras de Merlín - As nacións celtas from Ith on Vimeo.

24 de feb. de 2016

As máscaras do Entroido ourensán

Deixamos aquí o traballo que fixo o alumnado de 1ºESO - B (IES As Lagoas) sobre as máscaras do Entroido na provincia de Ourense. Non están todas as que son, pero si son todas as que están... Grazas a tod@s polo voso traballo e esforzo :-)


5 de nov. de 2015

Libros multimedia: Manuel Murguía e Rosalía de Castro

Despois de taaaaanto tempo, volvemos para deixar un enlace a estes libros multimedia sobre as figuras de Manuel Murguía e de Rosalía de Castro. Este traballo chéganos dende a Fundación EducaBarrié. 

                                           Fonte: http://murguia.educabarrie.org/datos/portada 

18 de mar. de 2015

Día da Poesía

Xa chega o 21 de marzo, o día ideal para...

                    lapidarte a bicos

porque

                    Contigo
                    os mapas fanse
                    cidades...


 Fonte: http://avozdoalobre.blogaliza.org/

E aquí atoparedes algúns fermosos versos en galego...

16 de mar. de 2015

De viaxe por Galicia: xeodestinos

Rosalía de Castro recolle nun dos seus poemas unha cantiga sobre o famoso santuario da Virxe da Barca, en Muxía.
Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra;
ben o pudera ter de ouro,
miña Virxe, si quixera.

Como algúns rapaces e rapazas non coñecían este lugar tan fermoso, decidimos ensinárllelo nesta pequena presentación. Igual temos que viaxar un pouquiño máis na clase de galego para coñecer mellor o noso país...


Tamén podes ver máis documentos en Scribd.

7 de mar. de 2015

Poema de Berta Dávila con música

No IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, temos tres alumnas en 1º BAC (Carlota, Coral e Laura) que non deixan de sorprendernos coa súa faceta máis artística. Nesta avaliación, a proposta era a de facer un traballo creativo a partir dos textos do poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, e velaquí deixamos o resultado do seu esforzo.