25 de xan. de 2014
Microtopónimos
Comezamos o 2014 cun interesante vídeo que nos fala dos microtopónimos da zona de Pontevedra. Sería bo que se desenvolvesen máis traballos coma este para axudar a conservar e difundir todos eses pequenos nomes que forman parte da nosa paisaxe.
30 de dec. de 2013
O instante eterno: Xosé Mª Díaz Castro
En 2014, o Día das Letras Galegas será para o poeta Xosé Mª Díaz Castro. Na rede, xa podemos atopar información e actividades sobre a súa obra e figura. Hoxe, deixamos este interesante documental que nos achega un pouquiño máis o autor de Nimbos.
24 de dec. de 2013
Bo Nadal 2013
Outro ano máis... Unhas veces arriba, outras...abaixo... Sempre con ilusión, ás veces, con menos... Estas datas non son as que máis me gustan... lémbrome de momentos... de persoas...de días pasados que xa non sei se foron mellores ou peores... pero é tempo de Nadal e hai que celebralo e acompañar a esas persoas que sempre están aí... e, para as que non están ou xa non queren estar ou mesmo as que deixamos pasar, sempre teremos un recordo, unha lembranza e un sorriso... Bo Nadal e Feliz 2014
11 de dec. de 2013
Paseo pola Idade Media
Que non, que non marchamos! Estamos un pouquiño ocupadas con algunhas historias peregrinas pero iso non quere dicir que esquezamos o blog. Simplemente, non chega o tempo para todo. Atopamos pola rede este artigo na páxina Aranheira Literaria no que nos falan sobre a Idade Media e a súa literatura e non queremos deixalo escapar. Aí vos queda para que lle botedes unha ollada.
Trobadores, xograres, e segreis: unha xerarquía socio-literaria
30 de out. de 2013
Día de Nós 2013
O día 30 de outubro de 1920 publicouse o primeiro número da Revista Nós. A cidade de Ourense quixo lembrar esta data cun Convivio Cívico que tivo lugar na rúa da Paz. Nesta literaria rúa, viviron Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xaquín Lorenzo "Xocas" e tamén naceu nela Eduardo Blanco Amor, segundo contou Arturo Vispo.
A Fundación pro Centenario Nós 2010 pretende levar a cabo a rehabilitación da casa na que naceron Otero Pedrayo e Vicente Risco, o número 21 da rúa da Paz, antiga rúa dos Zapateiros. A vivienda do patriarca das letras galegas foi adquirida polo profesor Camilo F. Valdehorras, quen xunto co colectivo anterior está a preparar a celebración do centenario do primeiro número da Revista Nós.
Na tarde do día 29 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar a Coral de Ruada, que actuou nesa mesma rúa. Despois, fixemos un pequeno percorrido no que Arturo Vispo deu a coñecer parte da historia desta pequena parte da cidade de Ourense.
Ata o 17 de novembro, a casa poderá ser visitada en horario de mañá, de 12:00 a 14:00 h e polas tardes mediante unha visita concertada.

26 de out. de 2013
Samaín 2013
Xa está aquí o noso querido Samaín. Desta vez, deixamos un pequeno xogo interactivo que creamos con Blubbr para facer un pequeno repaso pola historia desta festividade tan especial.
8 de out. de 2013
Enquisa sobre a percepción e o uso do galego en internet
Esta é unha enquisa que está a desenvolver Luz Varela Armas no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. A súa finalidade é a de obter datos sobre a percepción e o uso da nosa lingua en internet no ámbito educativo. Con ela, pretende recadar datos para realizar un estudo sobre a situación do idioma galego na rede, dentro do que é a súa tese "As TIC e a normalización lingüística na sociedade
galega actual. Unha aproximación á súa realidade educativa"
Para facer a enquisa, non é necesario identificarse nin engadir datos persoais, aínda que, se queredes, podedes escribir o voso enderezo electrónico ao final para recibir os resultados.
Para facer a enquisa, non é necesario identificarse nin engadir datos persoais, aínda que, se queredes, podedes escribir o voso enderezo electrónico ao final para recibir os resultados.
Enquisa sobre a percepción e o uso do galego en internet
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)