20 de feb. de 2018

Día de Rosalía

Cada 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía de Castro. Este ano, decidimos crear uns fotopoemas co alumnado de 3º e 4º ESO (que están demostrando ser uns artistiñas). Aquí vai unha mostra das súas creacións. E, lembrade, este 24 de febreiro #AbrideAFiestra e compartide os vosos traballos.


28 de xan. de 2018

Vocabulario do corpo

Aquí deixamos algúns dos debuxos dos artistiñas de 1º ESO. Esperemos que así non esquezan o vocabulario que aprenderon estes días. 


19 de nov. de 2017

5 de out. de 2017

Novo curso: Pelerinaxes I

Comezamos coas actividades deste novo curso. Hoxe fomos coa rapazada de 4º ESO ata o IES Vilamarín, para ver a presentación da película Pelerinaxes, de Simone Saibene. Alí, o director contounos a súa experiencia coa rodaxe desta película-documental e revelounos anécdotas e segredos dos días de gravación. Coa súa axuda, descubrimos esta emotiva "pelerinaxe" que fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey dende Ourense ata Santo André de Teixido, alá polo ano 1927. A viaxe deu lugar á obra que escribiu Otero Pedrayo (Pelerinaxes I) e que publicou en 1929 a editorial Nós.

Ademais, o alumnado do IES Vilamarín agasallounos cuns cócteles sen alcol e uns riquísimos aperitivos!!


Tráiler da película.

Máis información sobre a ruta en Camiño a San Andrés.


22 de maio de 2017

Premios concurso Carlos Casares

Móstramos con orgullo os traballos do noso alumnado, os gañadores do concurso Carlos Casares que organizou o ENDL do IES Lagoa de Antela, en Xinzo de Limia. Parabéns a Guillermo e a Miranda!


"A rapaza do circo", Vento ferido

13 de maio de 2017

Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares


O alumnado e o profesorado do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia) están a traballar arreo en diferentes actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Carlos Casares, ilustre limiao. Aquí deixamos algunhas das tarefas creadas por eles. 

O xogo da guerra


O XOGO DA GUERRA por anxo_xinzo                                                                                                    
Agarda longa ao sol

A tronada