Días 6 e 7: fin de semana de excursión a Londres (London Eye, Stamford Bridge) e Oxford.
Nova semana e oitavo día en Cambridge. Continuamos recollendo vocabulario para o noso mural.
Debate en círculo. Colocamos as cadeiras en dous círculos e falamos coa persoa que temos diante. Cales son os nosos cinco sentidos? Cales son as nove intelixencias?
Senses
V-visual (sight)
A-auditory (listening)
K-kinaesthetic (touch)
O-olfactory (smell)
G-gustatory (taste)
Para o emprego dos sentidos na clase: Neuro Linguistic Programming.
Teoría das Intelixencias Múltiples, Howard Gardner.
Affective Filter.
Teaching for Success, Mark Fletcher
Fun Class Activities, Peter Watcyn-Jones
10 Commandments for Motivating Language Learners
Who are you in the picture? Inventar a vida das persoas que aparecen nesta imaxe e tratar de adiviñar que personaxe escolle o compañeiro. En que parte do cadro che gustaría estar?
Nighthawks by Edward Hopper
Describir a mesma fotografía pero con diferentes puntos de vista. A un gústalle a cidade, a outro o campo...
New York
Imaxe de persoa famosa en dúas partes. Temos que atopar a outra parte mediante descricións, sen dicir o nome. Unha vez que o temos, facemos unha pequena entrevista (90 segundos) para intentar obter información sobre ese famoso.
Ranking: lista con deportes perigosos, con lugares máxicos, con consellos para unha persoa desempregada...
Visualización: pensar en como pode ser alguén (Carlos, the chocolate maker).
Pola tarde, Cultural Talks: Toffs, chavs and middle-classes: the British class system, con Lindsay Warwick.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.